"Linné" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Relativo ou pertencente a un binomio.

    2. Nomenclatura biolóxica, establecida por Carl von Linné, que asigna a cada especie de ser vivo un nome composto de dous termos : o primeiro común ao xénero e o segundo identificativo da especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos grupos que resultan de repartir os elementos dun conxunto reunindo aqueles que teñen características comúns.

      1. Unidade taxonómica (taxon) fundamental no estudo da diversidade dos seres vivos (sistemática) e base da súa clasificación (taxonomía). O criterio xenético para distinguir dúas especies diferentes baséase na esterilidade entre eles ou na dos híbridos resultantes do seu cruzamento. Concrétase cada especie por medio dunha descrición que se publica e que corresponde a un exemplar conservado que vai constituír o tipus; a este dáselle un nome segundo a nomenclatura binaria proposta por Linné.

      2. exetal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.

      3. Animal cun proceso de evolución en que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.

      4. Especie que conta con poucos individuos e que sofre algúns factores que a fan propensa a desaparecer.

      5. Especie cun rango de distribución xeográfica reducido en comparación con especies semellantes.

      6. Especie allea a un determinado país ou rexión xeográfica, que no seu lugar de orixe foi silvestre ou doméstica e que na nova área mantense en estado de cativerio ou semicativerio.

      7. Especie que, de xeito natural, sen intervención humana coñecida, está presente nun territorio.

    2. Imaxe mental da aparencia sensible das cousas.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo científico enunciado por Carl von Linné, que entende as especies como entidades naturais inmutables e de orixe independente. Esta proposta aceptouse ata que, a finais do s XIX, se desbotou en favor do darwinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Carl von Linné e aos seus estudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie que inclúe agrupacións moi amplas de individuos que poden diferir entre eles ata un grao relativamente considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO