"Hjelmslev" (En toda a entrada)

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Acción e efecto de construír.

      1. Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñaría ou arquitectónicas.

      2. Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos.

    2. Obra construída, especialmente de enxeñaría ou de arquitectura.

      1. Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior.

      2. Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.

      3. Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais.

      4. Construción que, segundo L. Bloomfield, ten a mesma clase formal ca un ou varios dos seus constituíntes.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.

      1. Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.

      2. Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.

    2. Corrente lingüística herdeira do estruturalismo que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante foi L. Hjelmslev.

    3. Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.

    4. Tendencia creativa teatral en que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese.

    5. Doutrina que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas.

    6. Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO