"España" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 54.

    1. Unidade ponderada antiga, decimosexta parte da onza.

    2. Medida de peso utilizada antigamente en España e Hispanoamérica.

    3. Décimo cuarta parte dunha onza de ouro.

    4. Cantidade insignificante de calquera cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. afrancesar.

    2. Que adopta ou imita con afectación os costumes franceses. Tm s, referido a persoa. 

    3. Que é partidario do francés. Tm s, referido a persoa. 

    4. Aplícase ás persoas que colaboraron co rei Xosé I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial dos exércitos de Terra e Aire de España co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar.

      2. Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de alférez de fragata e inferior aos de tenente de navío e alférez de navío.

      1. Cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. Pasou a denominarse subtenente.

      2. Oficio outorgado polo rei para portar o pendón, as armas reais e municipais e amosalas diante do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936-1939 e 1975-1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas e de movementos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apóstolos, de acordo coas súas doutrinas e coa súa tradición.

    2. Relativo ou pertencente ao papa.

    3. Aplícase aos seguidores dalgunhas seitas e congregacións que pretendían imitar a vida dos Apóstolos. Tm s.

    4. Partido que se formou en España tras o levantamento liberal de 1820.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que pretende organizar a sociedade en cantóns federados, que acadou importancia en España e Suíza na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido en 1833 tras a morte de Fernando VII. Defendía os intereses de Carlos María Isidro de Borbón (1788-1855), irmán de Fernando VII, e dos seus descendentes a ocupar o trono de España. Unía correntes antiliberais e absolutistas con programas inspirados nas institucións do Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carlistas ou ao carlismo.

    2. Partidario de Carlos María Isidro de Borbón, dos seus sucesores e das súas pretensións á Coroa de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Documento de estrutura simple en que se recolle ou notifica un aviso, unha orde de comparecencia, un compromiso de pagamento ou datos persoais.

      2. Documento oficial de identidade creado en 1874 en España, en que se expresaban os datos persoais e se obtiña tras o pago dun imposto.

      3. Despacho expedido polo rei ou por un consello ou tribunal superior no seu nome, polo que se promulgaba unha lei ou se concedía unha graza ou privilexio.

      4. codicilo.

      5. Comunicación escrita dun tribunal pola que se convoca unha dilixencia ou se sinala un prazo para comparecer nun proceso.

    1. Obrigación emitida polo Banco Hipotecario de España ou por calquera outra entidade de crédito autorizada, garantida polos préstamos hipotecarios inscritos a favor da entidade emisora.

    VER O DETALLE DO TERMO