"Erdi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 114.

  • Tipo de alucinación en que falta o estímulo correspondente á sensación perdida e que é consecuencia de lesións do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Afección profunda por unha persoa.

      2. Adhesión intensa e desinteresada a unha cousa, a uns principios ou a mandatos semellantes.

    1. Obxecto de amor, persoa estimada.

    2. Inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, pero que a miúdo produce outros sentimentos.

    3. Expresión coa que se designa a concepción amorosa dominante na literatura medieval e que arranca coa primeira tradición lírica que se expresa en lingua vulgar, a poesía provenzal.

    4. Amor que exclúe conscientemente a relación sexual.

    5. Estima que ten alguén por si mesmo e o que leva a non deixar que ninguén se exceda con el.

      1. Cortexar ou facer as beiras para obter o amor e os favores dunha persoa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

      2. Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

      3. Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

      4. Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

      5. Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

      6. Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

      7. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

      1. Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documentos inseridos noutras chartae para facelos confirmar polo rei ou señor xurisdicional.

    2. Proceso testemuñal, entre os francos, con garantías xudiciais, que substituía en todo o seu valor xurídico os documentos orixinais perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aproveitar.

    2. Que aproveita todo, incluso o que outros desperdician.

    3. Que tenta obter proveito dunha situación vantaxosa, sen pensar nos prexuízos que poida causar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.

    2. Lugar onde se gardan os cartos.

    3. Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se denomina arca do peito.

    4. anta.

    5. Fornos accesorios que, nos antigos fornos de vidro rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes.

      1. Cofre de madeira construído por Moisés ao pé do Sinaí destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel.

      2. Navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella de animais de cada especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que estuda os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas, supostamente baseadas no astronómico e avaliar os coñecementos e os métodos orientados á astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proxectil macizo das armas de fogo portátiles.

      2. Bala explosiva de fusil, de chumbo recuberto de aceiro e con dúas estrías entrecruzadas na punta que, no momento do impacto, proxecta o chumbo no interior do corpo en que penetra producindo feridas con esgazadura.

      3. Bala que chega ao obxectivo sen forza para ferir.

      4. Bala que, fóra da zona de combate, chega a un punto nos límites do alcance máximo.

    1. Conxunto de monllos de diversos cereais amoreados e dispostos na leira para logo ser levados ás eiras onde pasarán a formar parte da meda.

      1. Chumbo do extremo do escandallo.

      2. Sonda que serve para medir a profundidade da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.

      1. Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.

      2. Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.

    2. Aquilo material ou inmaterial que se pode posuír.

    3. Persoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.

      1. Todo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.

      2. Ben aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.

      3. Ben perceptible por calquera dos cinco sentidos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á bile.

    2. Que contén bile.

    3. Esteroide presente na bile en forma de sales biliares.

    4. Substancia que provén da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, bazo e medula ósea. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.

    5. Substancia tensoactiva que se atopa na bile e que ten un papel importante como emulsionante de lípidos.

    VER O DETALLE DO TERMO