"Dión" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 32.

  • Danzas rituais en honor de Dióniso que ían acompañadas de cantos ditirámbicos interpretados por bacantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño, da familia dos lábridos, de corpo alongado cuberto de escamas grosas e dúas manchas negras na parte traseira da aleta dorsal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moza de familia nobre que, na antiga Grecia, desfilaba na procesión das Panateneas e nas de Dióniso e Deméter, levando na cabeza unha cesta con ofrendas para os sacrificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución de piroxilina en alcohol e éter etílicos. Emprégase para fabricar películas fotográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Dióniso.

    2. Relativo ao consumo excesivo de viño.

    3. Aplícase ao concepto proposto por F. Nietzsche para  referirse a unha das dúas actitudes que recoñece o enfrontamento do home ao  mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración relixiosa dos atenienses que se dedica a Dióniso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición poética que cantaba un coro na honra do deus grego Dióniso, que ía acompañada dunha danza.

    2. Poema lírico, escrito en diversos versos, en que se amosa entusiasmo por algo.

    3. Loanza excesiva de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manual de preceptos ou ensinanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas do culto a Dióniso instituídas por Melampos na antiga Grecia. Durante as procesións portaban representacións de falos como en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO