"Culex" (En toda a entrada)

Amosando 2 resultados de 2.

    1. Relativo ou pertencente aos culícidos.

    2. Insecto da familia dos culícidos.

    3. Familia de insectos dípteros nematóceros que comprende as especies dos xéneros Culex, Anopheles e outras semellantes, denominadas comunmente mosquitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome dado a diferentes insectos dípteros, da familia dos culícidos e semellantes.

      2. Insecto díptero, do xénero Anopheles, da familia dos culícidos. Habitan nas augas quedas, doces ou salobres. Os adultos machos nútrense de sucos vexetais; as femias son hematófagas e son os axentes vectores do paludismo no home e noutros vertebrados. Son abundantes en climas cálidos e húmidos.

      3. Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnívoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.

    1. Nome que reciben moitos insectos da suborde dos nematóceros.

    2. Nome que reciben diversos insectos da familia dos tiflocídidos. Son de pequeno tamaño e parasitos de cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO