"Conso" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 188.

    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo e o ubikh. Caracterízanse pola pobreza do sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea do xénero Rumex, da familia das poligonáceas, que posúe unhas follas que se consomen en ensalada.

    2. Oxalato de hidróxeno e potasio, que se atopa na aceda. Emprégase para sacar manchas de ferruxe e de tinta, para limpar madeira e para decolorar estearina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñer algunha cousa ou persoa de forma cómoda ou conveniente.

    2. Poñer algo en consonancia con certas circunstancias ou obxectivos.

    3. Adaptarse a unha situación, lugar ou espazo.

    4. Colocarse alguén de xeito cómodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao dente consolidado co alvéolo e que forma con el unha soa masa.

      1. Relativo ou pertencente aos acrodontes.

      2. Réptil do grupo dos acrodontes.

      3. Grupo de réptiles que presentan unha estrutura dentaria de tipo acrodonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fonema propio dalgunhas linguas que presenta un modo de articulación composto de dous momentos, un de oclusión e outro, subseguinte, de fricación. Tm s, referido a consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciar algunhas consoantes oclusivas con oclusión incompleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aglomerar. 

    2. Resultado dunha aglomeración.

      1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

      2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

      1. Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.

      2. Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

      3. Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba en punta.

    2. Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

      1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

      2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.

    4. Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.

    5. Palabra en que a sílaba tónica é a última.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto ordenado das vinte e dúas consoantes do alfabeto hebreo, que son as únicas letras que se empregan na escrita deste idioma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exclamación de orixe hebrea, que significa ‘cantemos himnos a Iavé’ e que expresa ledicia e agradecemento. Introduciuse na liturxia cristiá, fundamentalmente como resposta cantada a versículos dos salmos.

    2. Berro de ledicia, de satisfacción, ao ver cumprida ou conseguida algunha cousa.

    3. Estrofa que consta xeralmente de versos octosílabos pareados con rima consonante.

    VER O DETALLE DO TERMO