"Caico" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 9.

    1. Aplícase ao verso grego ou latino formado por un espondeo, un iambo, unha cesura e dous dáctilos, ou ben por dous dáctilos e dous troqueos. Tm s m, referido a verso.

    2. Aplícase á estrofa grega composta por catro versos soltos: dous decasílabos compostos, un eneasílabo dáctilo e un decasílabo trocaico. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carácter de antigüidade.

    2. Relativo ou pertencente á fase inicial dun proceso natural ou histórico, dun ciclo formal artístico ou literario.

    3. Que é anticuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de arcaico.

      1. Supervivencia de elementos procedentes de canons artísticos propios dun tempo pasado.

      2. Imitación deliberada de formas primitivas ou antigas.

    2. Xeito de manifestarse a primeira fase do desenvolvemento dun fenómeno, no pensamento evolucionista.

    3. Forma léxica ou construción sintáctica antiga que pode estar en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta trazos arcaicos ou que está afectado polo uso de arcaísmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo orixinal ou primario que serve de modelo.

    2. Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.

    3. Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.

    4. Cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles, segundo a filosofía de Platón.

    5. Códice que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso de nove sílabas que pode ser de ritmo trocaico, dactílico ou mixto. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escolástica.

    2. Que é seguidor ou membro da escolástica. Tm s.

    3. Que é formalista e conservador. Tm s.

    4. Que ten un estilo arcaico e moi formal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos incas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao troqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO