"Bor" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2026.

    1. Insecto de talle grande da orde dos himenópteros.

    2. Macho da abella doméstica Apis mellifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta  da familia das musáceas semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas que proporcionan un filamento téxtil denominado cánabo de Manila.

    2. Fibra téxtil de cor esbrancuxada, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome,. que se emprega na fabricación de cordeis e cables.

    3. Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2. Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3. Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara longa e delgada que se emprega para mover as pólas das árbores e facer que caia o seu froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axitar mediante unha abaloira as pólas dunha árbore para que caian os froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandeirar.

    2. Formalidade mediante pola que un estado concede o dereito a arborar a súa bandeira nun buque de procedencia estranxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio que serve para dar aire e alviar a calor, formado por unha lámina rectangular de tea ou papel pegada por un dos lados a unha vara que fai de mango.

      2. Utensilio, xeralmente feito de vergas entretecidas ou de palla, que serve para avivar o lume.

    1. Gama ou serie de cousas diversas que comparten algunha característica común e entre as que hai que escoller.

    2. Caixa de fondo amplo e sen buracos con bordo baixo que se emprega para aventar cereais.

    3. Golpe ou refacho de vento.

    4. cono de dexección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abastecer ou abastecerse.

    2. Acción de fornecer de materias, mercadorías e produtos a unha poboación ou a calquera colectivo.

    3. Avión que subministra combustible a outra aeronave durante o voo.

    4. Lugar onde os órganos do exército entregan os abastecementos ás grandes unidades subordinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO