"Berna" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 153.

    1. Modo de gobernar en que predomina a vontade dunha soa persoa.

    2. Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente.

    3. Sistema filosófico onde o absoluto é causa e efecto de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidar bens, tanto propios como doutro.

    2. Gobernar os negocios dunha sociedade, do estado ou dunha persoa.

    3. Aplicar a alguén algunha cousa.

    4. Aplicarse a un mesmo unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de familias, entre os pastores do norte de África, gobernadas por un caide que posúen costumes e intereses comúns.

    2. Conxunto de tendas dispostas en forma de círculo, propio dos pastores do norte de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva ten ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro.

      2. Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.

      1. Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.

      2. Castelán ou gobernador dun castelo.

    1. Persoa que, nos ss XIV e XV, nalgúns territorios de réxime señorial ou real, velaba polo cumprimento das ordenanzas de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á que serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.

    2. Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, desde as que hai unha boa visibilidade cara á proa e a popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial encargado de facer cumprir a lei da administración de xustiza, no nome do rei ou da constitución.

      2. Oficial inferior da xustiza que executa as ordes do tribunal ao que serve.

      3. Funcionario municipal inferior executor dos mandatos do concello ou do alcalde.

      1. Gobernador dunha poboación sarracena na Idade Media.

      2. Xuíz ou xustiza dunha cidade na Hispania cristiá do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antigo.

    2. Obxectos antigos.

    3. Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    4. Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha administración.

    5. O conxunto da cultura grecorromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos escritores cristiáns que no s II fixeron defensa da súa fe perante gobernantes romanos, xudeus e outros pagáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

    2. Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

    3. Sacerdote dunha catedral que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

    4. Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de san Xoán, san Pedro e santa María a Maior de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO