"Basa" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 73.
-
-
Arbusto caducifolio, da familia das betuláceas, de cortiza agrisada. As follas son arredondadas ou ovadas, acuminadas e dobremente serradas e os froitos son noces que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo.
-
Planta herbácea rizomatosa, da familia das asteráceas, que presenta follas basais enteiras e glabras, capítulos florais illados con lígulas amarelas e froito en aquenio.
-
-
-
Planta herbácea do xénero Asphodelus, de follas basais trígonas, flores brancas ou rosáceas en acios apertados e froito en cápsula.
-
ouropeso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne que pertence ao xénero Aloe, da familia das liliáceas, con follas longas e suculentas, xeralmente de marxes espiñentas, dispostas en roseta basal e presentan flores tubulosas, brancas, amarelas ou vermellas, que se agrupan en vistosas inflorescencias.
-
-
-
Planta herbácea perenne do xénero Anemone, de rizoma reptante, follas basais e flores apétalas de cores diversas.
-
Flor da planta do mesmo nome.
-
-
Antozoo da orde dos actiniarios, solitario e sedentario, de corpo cilíndrico e sen esqueleto calcario duro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pechar unha porta ou unha ventá coa tabasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato complexo de magnesio e calcio, de fórmula (Ca,Mg, Fe,Fe +3 ,Ti,Al) 2 (Si,Al) 2 O 6 , do grupo dos piroxenos. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son prismáticos, ou ben grans informes. É de cor negra, verdosa ou verde escura, segundo a cantidade de ferro que conteña. Encóntrase como mineral esencial en moitas rochas ígneas, especialmente nas volcánicas básicas (diabasas e basaltos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou acción insensata.
-
-
Que pertence á base ou está situado nela.
-
Aplícase ao proceso fisiolóxico en que o gasto de enerxía por parte do corpo é o mínimo necesario para mantelo en funcionamento normal.
-
Aplícase ao estado inferior de calquera zona altitudinal. Adoita corresponderse con altitudes inferiores aos 500 m.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carcinoma de células basais, o máis frecuente dos cancros epiteliais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba do xénero Mercurialis, da familia das euforbiáceas, dioica e sen látex.