"Antillas" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 18.

    1. Relativo ou pertencente ás Antillas.

    2. Habitante ou natural das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arauacos ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo de pobos de lingua arauaca, distribuídos por América do S e as Grandes Antillas.

    3. Familia de linguas amerindia das Antillas e de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza popular das Antillas que se introduciu en Europa a comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das cesalpiniáceas de follas paripinnadas e flores pentámeras agrupadas en acios, orixinaria das Antillas e América tropical.

    2. Madeira dura e avermellada da árbore do mesmo nome que se emprega en ebanistaría e da que se extrae, unha vez seca e pulverizada, unha materia colorante vermella.

    3. Materia colorante vermella extraída da madeira homónima, composta principalmente por brasilina, e que se emprega na tinguidura de peles e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruneliáceas.

    2. Planta da familia das bruneliáceas.

    3. Familia de rosais integrada polo único xénero Brunellia que engloba unhas corenta especies de plantas leñosas, polo xeral arbustos, propias dos Andes e das montañas das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aventureiro de orixe europea que se estableceu nas Antillas (s XVI). Ocupaban as illas de Santo Domingo e San Cristóbal e dedicábanse á agricultura, á caza e ao comercio. O Tratado de Utrecht (1713) significou a súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe indio nas tribos das Antillas.

    2. Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, a causa do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo.

    3. Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas caribes.

    2. Individuo do grupo étnico dos caribes.

    3. Tribos amerindias que ocupaban as Pequenas Antillas e parte das terras veciñas do continente.

    4. Familia de linguas que pentence ao grupo xe-pano-caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illa baixa formada pola acumulación de areas e fragmentos de coral sobre plataformas coralinas que son comúns nas Antillas e no golfo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pirata do mar das Antillas que se dedicaban a saquear as costas e asaltar as naves da Coroa hispánica durante o ss XVI, XVII e XVIII.

    2. Partidario da independencia das colonias españolas en América no s XIX, especialmente de Cuba.

    3. Parlamentario que obstaculiza a aprobación dunha lei, especialmente cun discurso prolongado.

    VER O DETALLE DO TERMO