"Amil" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2655.

  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘relativo a ou pertencente a’. OBS: A forma -áceo emprégase, en taxonomía, para a formación de nomes de familias de animais, e -ácea para a formación de nomes de familias de fungos e de vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘serie de elementos químicos’, ‘familia de substancias orgánicas’, ‘porción celular’ ou ‘propio, especial’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta  da familia das musáceas semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas que proporcionan un filamento téxtil denominado cánabo de Manila.

    2. Fibra téxtil de cor esbrancuxada, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome,. que se emprega na fabricación de cordeis e cables.

    3. Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de corpo alongado, da familia dos gádidos, que presenta unha mandíbula inferior sobresaínte e unha liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio, da familia das betuláceas, de cortiza agrisada. As follas son arredondadas ou ovadas, acuminadas e dobremente serradas e os froitos son noces que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo.

    2. Planta herbácea rizomatosa, da familia das asteráceas, que presenta follas basais enteiras e glabras, capítulos florais illados con lígulas amarelas e froito en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das lamiáceas, que presenta follas ovaladas e crenadas e flores de cor abrancazada ou rosada, coa corola bilabiada.

    2. orquídea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave insectívora da familia dos merópidos, de plumaxe verde azulada por baixo e castaña e amarela por riba, peteiro longo e algo curvado cara a abaixo e ás longas e afiadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea tuberculosa, do xénero Romulea, da familia das iridáceas, que presenta dúas follas, flores con tépalos soldados na base e o froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes, presentes só nos macroblastos.

    2. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.

    3. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.

    4. Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos ardeidos, de plumaxe castaña pinta e riscada de escuro e patas longas e de cor verde. É de hábitos crepusculares e vive en zonas húmidas.

    2. Ave da familia dos ardeidos, de aspecto moi semellante ao abetouro. É propia de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO