"Alamán" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10.

  • Relativo ou pertencente aos alamanos ou á súa lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alamanos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo alamano.

    3. Antigo pobo guerreiro integrado por tribos xermánicas que foi expulsados da zona de Brandenburgo no 178 por gots (godos) e eslavos e se estableceron na rexión do Main e á dereita do Rin.

    4. Grupo de dialectos do altoalemán que se fala en Suíza, en Alsacia, en Vorarlberg, na metade sur de Baden, en Württemberg, agás a zona setentrional, e na Suabia bavaresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anfibio urodelo, da familia dos salamándridos, de pequeno tamaño, corpo alongado con extremidades pequenas e cola aplanada lateralmente. Aliméntanse de pequenos artrópodos, anélidos ou lesmas.

    2. Urodelo, da familia dos salamándridos, coa cola aplanada lateralmente e de igual tamaño que o resto do corpo. A cor do dorso é parda amarelenta, olivácea ou marrón, e o ventre é laranxa e con manchas escuras irregularmente repartidas.

    3. Urodelo, da familia dos salamándridos, que presenta unha banda escura desde o orificio nasal ata o ollo, que pode prolongarse,  e a cola aplanada lateralmente e de lonxitude similar á do corpo. Ten dorso de cor parda amarelenta, olivácea ou marrón, con ou sen manchas escuras, e o ventre amarelo, máis claro nos costados.

    4. Urodelo de tamaño mediano, da familia dos salamándridos que presenta unha prega moi patente entre a cabeza e o corpo, o dorso verde intenso, sobre o que aparecen manchas de tamaño variable e o  ventre presenta un fondo claro con pequenas manchas escuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fin da vida.

    2. Fin de algo ou dunha actividade.

    3. Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.

      2. Representación plástica da morte.

    4. Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.

    5. Privación da benaventuranza, da vida eterna.

    6. Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anfibio, da familia dos salamándridos, de fociño redondeado e ollos grandes que ten a cola curta e a pel negra e amarela e aliméntase de pequenos invertebrados.

    2. Anfibio, da familia dos salamándridos, cunha longa cola que mide máis de dous terzos da lonxitude total do corpo, pel parda con liñas douradas e o ventre gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos salamándridos.

    2. Urodelo da familia dos salamándridos.

    3. Familia de urodelos, de corpo pouco alongado e lacertiforme, que presenta dedos de punta redondeada, carece de membrana interdixital e presenta fecundación interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo talamanca.

    2. Individuo do pobo talamanca.

    3. Pobo amerindio de Costa Rica que vive na cordilleira de Talamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tritónidos.

    2. Anfibio do grupo dos tritónidos.

    3. Grupo de anfibios urodelos, da familia dos salamándridos, de corpo alongado, cola deprimida e con membrana interdixital.

    VER O DETALLE DO TERMO