"aio" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 956.

  • Radiografía en que a fonte de raios X se atopa a distancia do corpo para que os raios emitidos sexan paralelos e as imaxes non se deformen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico que se usa para observar obxectos afastados, que consta dun espello, que concentra os raios luminosos e forma unha imaxe do obxecto, e dunha lente, que amplifica a imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións.

    2. Período determinado dentro desta sucesión.

    3. Idade de algo ou alguén.

    4. Período de longa extensión.

    5. Período ao que se alude e que adoita ter como referente algún feito concreto.

    6. Espazo ou momento apropiado para facer algo.

    7. Estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado. Tm fig.

      1. Cada unha das partes en que se divide a execución dalgunha cousa.

      2. Parte ou división do compás.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexistro das variacións da temperatura.

    2. Sistema de sensibilización de emulsións fotográficas especiais, por radiacións de baixa frecuencia, na rexión dos raios infravermellos, entre -115°C e 140°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo de fórmula xeral (C 5 H 8 ) n que aparece na maioría dos aceites esenciais e de oleorresinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terceiro planeta do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, cuxo período de translación é de 365,26 días e o de rotación é de 23 h 56 minutos, medido en tempo solar. O globo da Terra é aplanado nos polos e o seu raio polar é de 6.356 km, mentres que o ecuatorial é de 6.378 km. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    2. Parte sólida da superficie terrestre, en contraposición ao aire e á auga.

      1. Porción da superficie da Terra considerada nela mesma ou como pertencente a un individuo ou pobo.

      2. Zona xeográfica con límites naturais precisos e caracteres culturais, históricos e xeográficos comúns.

      3. Terra de Canaán ou Palestina, que Deus prometeu a Abraham e á que foron conducidos os hebreos por Moisés despois da escravitude de Exipto.

    3. Solo vexetal, material da cortiza terrestre destinado a ser aproveitado pola agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de moedas ou de obxectos preciosos que se gardan con gran coidado.

    2. Persoa ou cousa considerada dun gran valor.

    3. Dicionario exhaustivo dunha lingua.

    4. Lista alfabética de palabras que se utilizan para clasificar a documentación.

      1. Caudais dos que dispón o estado.

      2. Departamento da administración pública dun estado que o representa nas súas relacións financeiras cos cidadáns, co banco central e con outros países.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proba ou ensaio que se realiza para obter unha determinada información.

    2. Proba pola que se mide a conduta e a capacidade psíquica dun individuo.

    3. contraste de hipóteses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que se aplica aos fíos sintéticos para darlles un maior volume ou unha maior extensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido non esencial que forma parte da constitución da maioría de proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO