"hexa" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 112.

  • Mineral do grupo dos minerais filosilicatos que teñen simetría monoclínica, cristalizan no sistema pseudohexagonal tabular e presentan exfoliación basal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloroarseniato de chumbo, que cristaliza no sistema hexagonal. A súa cor vai do amarelo claro ao pardo amarelento ou ao amarelo alaranxado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carburo de silicio que cristaliza no sistema hexagonal e ten unha cor que vai do verde ao negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de molibdeno que cristaliza no sistema hexagonal e que presenta hábito  tabular, ás veces, en masas ou escamas, cor gris chumbo e brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Decoración dunha superficie, feita incrustando anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores.

      2. Conxunto de cousas dispostas de xeito que ofrecen o aspecto dun mosaico.

    1. Serie de fotografías aéreas que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.

      1. Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, hexagonal ou oitavada.

      2. Pavimento feito con baldosas de mosaico.

    2. Nome común de diferentes enfermidades das plantas (tabaco, pataca e tomateira), que teñen como axente os virus.

      1. Organismo ou tecido derivado dun só cigoto que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido compoñente da mestura complexa de ácidos monocarboxílicos, que deriva do ciclopentano, do ciclohexano e dos hidrocarburos alicíclicos alquilatados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato de sodio que cristaliza no sistema hexagonal en cristais de cor branca ou gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción que fan a maioría das aves para pór os ovos, chocalos e criar os pitiños.

      1. Construción ou sitio resgardado onde algúns animais poñen os ovos e crían os pequenos, como as formigas, as abellas, certos peixes e algúns roedores.

      2. Construción ou sitio resgardado onde algúns animais habitan agrupados ou pasan a letarxia.

      3. Estrutura con retículas hexagonais, semellante á dos niños das abellas.

    2. Casa ou vivenda familiar.

    3. Lugar onde se atopan un grupo de persoas ou cousas que se consideran perigosas e prexudiciais.

    4. Lugar onde se amorean e agochan cousas.

    5. Lugar, máis ou menos fortificado e ocupado de soldados, que adoita estar armado.

    6. Ocos que se forman no granito debido á disolución ou disgregación dos seus compoñentes.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico do grupo VIII da táboa periódica, de número atómico 28 e peso atómico 58,6934, que se emprega na fabricación de utensilios de cociña, obxectos de laboratorio, instrumentos de cirurxía e electrodos.

    2. Sal hexahidratada de cor verde esmeralda, lixeiramente eflorescente que se emprega nos baños de niquelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de níquel que cristaliza no sistema hexagonal e que normalmente se presenta en masas irregulares de cor vermella de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO