"EUR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 570.

  • Corrente artística da pintura europea do s XVII, influída pola obra de Caravaggio e caracterizada polo emprego do claroscuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carideos.

    2. Crustáceo decápodo da infraorde dos carideos.

    3. Infraorde de crustáceos decápodos que se caracterizan por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carnutos.

    2. Individuo do pobo carnuto.

    3. Pobo da Galia situado entre o Cher e o Eure. A súa principal cidade foi Autricum, principal centro relixioso dos druídas. Augusto deulles a categoría de pobo federado e incluíunos na Lionesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza europea medieval na que os bailadores, que forman unha ringleira circular, aberta ou pechada, avanzan collidos das mans ou dando voltas, seguindo o paso do bailarín principal ao ritmo dunha canción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caspios.

    2. Individuo do pobo caspio.

    3. Pobo da familia indoeuropea, do grupo indoiranio, que na Antigüidade habitou na parte occidental de Asia, arredor da desembocadura do río Kovus, na costa occidental do mar Caspio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade taxonómica de rango inferior á de especie e caracterizada pola uniformidade xenética respecto a determinados caracteres.

    2. Familia á que pertence unha persoa e antepasados dos que descende.

    3. Conxunto de cidadáns que teñen uns privilexios determinados. O sistema de castes é un fenómeno exclusivamente hindú, pero vinculado ás divisións funcionais e rituais orixinadas pola penetración de grupos de orixe indoeuropea durante o II milenio a C.

    4. Calidadade ou natureza dun animal ou cousa.

    5. Grupo de función especializada nos insectos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de cheiro desagradable, de talos ocos manchados de púrpura e follas pinnadas varias veces que se utilizou en medicina homeopática como antineurálxico e antiespasmódico.

    2. eleno que se obtén da raíz bulbosa da planta do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas celtas.

    2. Individuo do pobo celta.

    3. Pobo de orixe indoeuropea que posiblemente se individualizou do tronco común precelta no II milenio a C en Centroeuropa nunha área delimitada polo Rin, ao N, e o Danubio, ao S.

    4. Familia de linguas indoeuropeas situadas no extremo occidental de Europa, pero que antigamente ocupaban unha área máis extensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Celtiberia ou aos celtiberos.

    2. Individuo deste pobo.

    3. Grupo de pobos prerromanos establecidos na Celtiberia.

    4. Lingua que pertence ao grupo celta, da familia indoeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.

    2. Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.

    3. Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.

    4. linfocito B.

    5. leucocito.

    6. mastocito.

    7. Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.

    8. Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.

    9. Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II  e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO