"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

  • Relixión prebudista do Tíbet que se caracteriza polo animismo e o chamanismo, e pola crenza nun ser supremo que o domina todo sen intervir nos destinos do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que borda.

    2. Fabricante de encaixes de coxíns.

    3. Mesteiral que traballaba a madeira para fabricar pequenos obxectos de decoración para uso doméstico ou militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bovinos.

    2. Mamífero da subfamilia dos bovinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.

    4. Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos coleópteros da superfamilia dos estafilinoideos, que se caracterizan por presentar élitros que non cobren a totalidade do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos braquiúros.

    2. Crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros.

    3. Infraorde de crustáceos da orde dos decápodos, case sempre mariños ou de augas salobres, bentónicos e litorais, que teñen o abdome reducido e fortemente flexionado baixo o tórax e potentes quelípodos. Desprázanse case sempre de lado e engloba os bois, as nécoras, as centolas e outros caranguexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á terra que está sen cultivar. Tm s.

    2. Cheiro característico dos animais do monte e dalgúns domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten mal carácter ou que manifesta violencia.

    2. Aplícase a un animal que vive en estado salvaxe ou que é difícil de manexar cando é doméstico.

    3. Aplícase á planta ou ao froito que nace espontaneamente.

    4. Que desagrada aos sentidos.

    5. Aplícase ao mar cando presenta ondas moi violentas.

    6. Que non presenta unhas calidades ou condicións aptas para o cultivo.

    7. Que é valente diante do perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cheiro repugnante que despiden algúns animais salvaxes ou domésticos.

    2. Sabor a bravo que se nota nalgunhas carnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que, nun país determinado, vive só nunha área altitudinal estreita limitada por un desnivel inferior a 1.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. bretoñés.

    2. Relativo ou pertencente á antiga diocese de Galicia que aparece xa no Parrochiale Suevum ou Divisio Theodomiri e que foi destruída tras a invasión musulmá.

    VER O DETALLE DO TERMO