"BC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 215.

    1. Presenza anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, que provoca a distensión dos mesmos.

    2. Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos.

    3. Presenza de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eosuquios.

    2. Réptil da orde dos eosuquios.

    3. Orde de réptiles, da subclase dos diápsidos, que se caracterizan por ser lagartos con dentes no padal. Existiron desde finais da Era Primaria ata o comezo da Secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado escleroso ou endurecido dos tecidos, sobre todo da pel e do tecido celular subcutáneo, de localización preferente nas extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escorpénidos.

    2. Peixe da familia dos escorpénidos.

    3. Familia de peixes mariños, da subclase dos actinopterixios, de corpo groso e oblongo, coa cabeza parcialmente acoirazada e armada con espiñas, unha única aleta dorsal espiñenta, ollos grandes en posición moi elevada e unha boca grande e protráctil. Cazan á espreita agardando nos fondos grazas á súa coloración críptica. A maioría son velenosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato complexo que pertence á subclase dos nesosilicatos e cristaliza no sistema rómbico en cristais de hábito prismático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de graxa ou lipoma de localización cutánea e subcutánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estilomatóforos.

    2. Gasterópodo da orde dos estilomatóforos.

    3. Orde de moluscos gasterópodos, da subclase dos pulmonados, caracterizados por ter os ollos situados no extremo de tentáculos retráctiles. Comprende especies terrestres denominadas popularmente lesmas e caracois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

    2. Ascidia da orde dos estolidobranquios.

    3. Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos, solitarios ou coloniais, que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos que dividen a cavidade en subcámaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filáridos.

    2. Nematodo da familia dos filáridos.

    3. Familia de nematodos de corpo filiforme, sen papilas labiais no extremo anterior do corpo. Na fase adulta parasitan o aparato circulatorio ou o tecido subcutáneo de vertebrados e provocan enfermidades graves. OBS: Tamén se denominan filarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación supurativa do tecido conxuntivo, especialmente do subcutáneo ou do subaponeurótico.

    2. Inflamación circunscrita que conduce á formación dun absceso quente.

    3. Supuración flegmonosa na rexión anterolateral do pescozo.

    4. Inflamación difusa do pescozo, pouco supurativa, desde a rexión esternal á maxilar inferior.

    5. Inflamación difusa do tecido celular, sen ningunha tendencia á limitación, con infiltración e tendencia á necrose e posibilidade de repercutir gravemente no estado xeral do paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO