"PS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 973.

  • Alcaloide que actúa como sedante e hipertensor e que se emprega en psicoterapia para o tratamento da psiconeurose.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de resistir ou de resistirse.

      2. Delito consistente na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade.

      1. Poder ou capacidade de resistir.

      2. Mecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.

      3. Propiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.

      4. Conxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.

      5. Rama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza, vitalidade ou enerxía, físicas ou psíquicas, de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rizópodos.

    2. Protozoo da superclase dos rizópodos.

    3. Superclase de protozoos sarcomastigóforos integrada por dous tipos de especies, unha carente de membrana ríxida, e a outra con esqueleto, que ten case sempre un só núcleo e presenta vacúolas dixestivas e contráctiles. Presentan pedoxénese e enquistamento, e pseudópodos de tipo filamentoso, sen eixe interno, que ao se entrecruzar forman unha rede. Hai especies mariñas e de auga doce, algunhas son moi importantes nos sedimentos peláxicos e na identificación de estratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo, da orde dos perciformes, que presenta o corpo alongado, de cor parda no dorso e prateada no ventre, os ollos moi grandes e dentes na lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia, da familia das fabáceas, que presenta o tronco robusto, as follas alternas, imparipinnadas, con folíolos ovais e enteiros, estípulas transformadas en espiñas, as flores brancas, en acios, e o froito en legume. OBS: Tamén se denomina falsa mimosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe da familia dos escoftálmidos, que presenta contorno case circular, os ollos no lado esquerdo, con formacións óseas dérmicas na parte superior, case sen pedúnculo caudal e de cor gris verdosa, terrosa ou amarelada, con manchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto, da familia das ericáceas, que presenta follas resistentes, alternas, oblongas e coriáceas, flores vermellas agrupadas en acios, e froito capsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se forma pola combinación do 11-cis-retinal coa opsina, que posibilita a excitación das células nerviosas dos bastóns da retina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das droseráceas, que presenta as follas en roseta basal, pecioladas e co limbo circular, as inflorescencias en cimas con flores de cor branca e froito en cápsula ovada. É unha planta insectívora que atrapa pequenos insectos e segrega uns encimas para dixerilos.

    VER O DETALLE DO TERMO