"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Acto no que ten lugar a cópula.

    2. Reacción de substitución aromática por un sal de diazonio como axente electrofílico na que se obtén un composto azo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble composto por unha mesa con caixóns cun espello grande enriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade.

    2. Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.

    3. Ovas cocidas de crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alga vermella do xénero Corallina, que presenta un talo de cor rosada, calcificado e formando pequenas matas constituídas por eixes articulados e ramificados. Aparecen sobre as pedras do litoral inferior de costas expostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo posterior do corpo das aves de onde parten as plumas corbaceiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de fíos retorcidos e unidos entre si para formar un fío máis groso.

      2. Xogo no que dúas persoas collen cada un dos extremos dunha corda, que moven de forma que esta describa un arco para que unha ou varias persoas poidan saltar no medio da mesma.

    1. Fío cilíndrico de diferentes materiais, que nos instrumentos de corda produce o son cando vibra.

    2. Resorte que pon en funcionamento algún mecanismo.

      1. Estrutura membranosa alongada e de forma cilíndrica coma os tendóns, os nervios ou os ligamentos.

      2. notocorda.

      3. Repregamento da mucosa da larinxe disposto en sentido anteroposterior, que ao vibrar produce a voz.

    3. Segmento da recta que une dous puntos de calquera curva ou superficie curvada.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da ovella ata a idade dun ano.

    2. Carne de cordeiro de menos de catro meses.

    3. Pel de cordeiro.

    4. Persoa de carácter dócil e humilde.

    5. Planta perenne, da familia das asteráceas, que presenta capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos e que aparece en dunas e praias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.

      2. Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.

      3. Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.

    1. Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.

    2. Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.

    3. Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.

    4. Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.

    5. Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.

    6. Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrirse gretas nunha cousa como consecuencia de estar exposta a unha temperatura elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de corenta unidades.

      1. Período de corenta días, meses ou anos.

      2. Período, posterior ao parto, de recuperación das condicións anteriores ao embarazo.

    2. Período de vixiancia sobre individuos subceptibles de estar afectados por unha enfermidade contaxiosa.

    3. Idade comprendida entre os corenta e os cincuenta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO