"afro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 182.

    1. Relativo ou pertencente ás ericais.

    2. Planta da orde das ericais.

    3. Orde de plantas dicotiledóneas que presenta flores hermafroditas, pentámeras e actinomorfas, con estames, que conteñen os grans de pole en tétradas, raramente soldados á corola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne e bulbosa, pertencente ao xénero Scilla, da familia das liliáceas. Presenta escapos de 3 a 9 follas basais e lineares, flores hermafroditas e actinomorfas, dispostas en acios terminais. Existen numerosas formas cultivares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escrofulariáceas.

    2. Planta da familia das escrofulariáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou lianas, da orde das escrofulariais. As flores preséntanse, as máis das veces, en acios, e son hermafroditas, cigomorfas e pentámeras ou tetrámeras, de corola gamopétala bilabiada e co ovario superior e bilocular. Os froitos son en cápsula ou baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar máis frouxo o colo ou o puño dunha peza de roupa para que non oprima.

    2. Afrouxar algo que aperta a gorxa.

    3. Gritar moito ou esforzarse dando berros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper algo ao lle dar un golpe.

    2. Mancarse ao levar un golpe, especialmente nos fociños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne do xénero Asparagus, pertencente á familia das liliáceas. Presenta raíces tuberosas, talos estriados, pólas modificadas en cladodios filiformes ou escamiformes e follas reducidas a escamas. As flores son actinomorfas, unisexuais, hermafroditas ou polígamas, con pedicelos articulados e aparecen solitarias ou en umbelas ou acios. A planta renóvase a partir de gromos, denominados espárragos.

    2. Lugar en que se cultivan espárragos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflorescencia elemental típica das poáceas, que consta de flores hermafroditas, que a miúdo levan cada unha delas dúas brácteas, as glumelas, situadas sobre un eixe delgado que leva na base as glumas.

    2. Cada unha das agullas calcarias ou silícicas que forman parte do corpo das esponxas non córneas e que constitúen a armadura fundamental do seu esqueleto.

    3. Cada unha das pezas esqueléticas do dermatoesqueleto dalgúns equinodermos.

    4. Materia incandescente que lanza o Sol, desde toda a súa superficie cara á atmosfera solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Existir ou atoparse algo ou alguén durante un certo tempo nun lugar ou situación.

    2. Quedar ou sentar algo, especialmente unha peza de roupa, da maneira que se expresa.

    3. Encontrarse algo, despois de pasar por un proceso, listo ou rematado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta leñosa, da familia das cistáceas, de follas dispostas de xeito oposto, de grandes flores hermafroditas de simetría radial, solitarias ou en cimas pouco espesas, de cáliz de sépalos libres e corola de cinco pétalos, con moitos estames e un único estilo. Os froitos son cápsulas que abren en forma de estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO