"Ulm" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 255.

    1. Cruz monumental de pedra que se sitúa sobre un fuste asentado sobre unha base en forma de bancada.

      1. Espazo en que se cruzan as naves central e transversal dunha igrexa.

      2. Patio musulmán dividido en catro partes por medio de dous paseadores altos que se cruzan de xeito transversal.

    2. Unidade monetaria brasileira, dividida en 100 centavos, que estivo en vigor entre 1942-1967, 1970-1986 e 1990-1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Campaña ou serie de esforzos encamiñados a conseguir un fin importante e xeralmente elevado.

    2. Expedición de carácter relixioso militar emprendida polos cristiáns contra os musulmáns para reconquistar Terra Santa. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga cidade de Al-Kūfa, no Iraq Meridional.

      2. Natural ou habitante da antiga cidade de Al-Kūfa.

    1. Aplícase ao tipo de escritura árabe (ss VII-X), de caracteres angulosos e ríxidos, que se utilizou en inscricións sobre madeira e nos primeiros exemplares do Alcorán.

    2. Aplícase ás moedas musulmás (ss VII-XI) e ás de Italia do S e Sicilia (ss XI-XII), que tiñan inscricións con este tipo de escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies sedimentaria caracterizada por materiais detríticos que presentan a ritmicidade das correntes de turbidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de culminar.

    2. Situación ou momento en que algo chega ao seu fin ou ao seu momento principal e de maior interese.

      1. Paso dun astro polo meridiano dun lugar.

      2. Culminación que ten lugar á maior distancia do cénit.

      3. Culminación que ten lugar á menor distancia do cénit.

    3. Figura que resulta da interferencia de dous anticlinais.

    4. Arqueamento dos estratos que se produce nos contornos dun encabalgamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está no punto máximo de altura, esplendor, intensidade ou interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a unha cousa a súa máxima intensidade.

    2. Chegar unha cousa ao seu punto máis elevado ou ao seu momento máis importante.

    3. Chegar un astro ao meridiano superior do observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vive preferentemente nos cumios ou nas partes altas das montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

    2. Individuo do pobo dos danakil.

    3. Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.

    4. Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dargin.

    2. Individuo do pobo dargin.

    3. Pobo orixinario do Cáucaso que viviu illado nas montañas ata a invasión dos musulmáns no s VIII. En 1921 protagonizaron unha revolta xunto con outros pobos que orixinou o establecemento da República Autónoma do Daguestán. Residen fundamentalmente no Daguestán Central, e están divididos en tres grupos que falan dialectos claramente diferenciados.

    4. Lingua daguestana que fala o pobo dargin.

    VER O DETALLE DO TERMO