"RL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 759.

  • Tratamento químico ao que son sometidos os tecidos ou os fíos, despois de tinguidos, para avivarlles a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o xugo a unha parella de animais para tirar do carro.

    2. Escoller unha parella de bois de igual altura para que non haxa desnivel despois de poñerlles o xugo.

    3. Facer unha boa parella dous animais de tiro para que o xugo non vaia máis alto dun lado ca do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentar a alguén para matarlle a fame.

    2. Proporcionar alimentos a un animal para cebalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea vivaz da familia das iridáceas, bulbosas, que presentan follas estreitas, flores grandes, de cor violácea e con tres estigmas longos e escarlatas, e  froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, empregada como condimento e como colorante.

    2. Cor amarela alaranxada propia do azafrán.

    3. Condimento que se emprega para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botarlle azucre a algún alimento ou bebida.

    2. Suavizar ou adozar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.

    2. Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.

    3. Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.

    4. Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.

    5. Símbolo do bel.

    6. Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.

    7. Símbolo do boro.

    8. Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.

    9. Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos gádidos, co maxilar superior moi prominente. Posúe tres aletas dorsais e dúas aletas anais. Na base das aletas pectorais ten unha característica mancha negra. A cor é variable. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Uva tomada individualmente.

    2. Uvas soltas que xa non están no acio.

    3. Restos da uva que quedan despois de estrullalos e de quitarlle o líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito seco e alongado propio das plantas da familia das fabáceas, constituído por dúas valvas, sen tabique intermedio, que ao madurecer se abren deixando saír as sementes.

    2. Residuo de determinados froitos como a uva ou oliva despois de pisalos e quitarlles o líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar a alguén ou algunha cousa a un lugar que está máis baixo.

    2. Ir dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.

    3. Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.

    4. Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.

    5. Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete.

    6. Saír do interior dun vehículo ou deixar de estar sentado nel.

    7. Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO