"BOAC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 242.

      1. Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Dakota.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo dakota.

      2. Individuo do pobo dakota.

      3. Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente ao N de América, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri. A súa poboación concéntrase nas reservas das dúas Dakotas e nun número menor en Nebraska, Montana, Minnesota e Alberta.

    1. Lingua amerindia de América do Norte que se divide  en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dan.

    2. Individuo do pobo dan.

    3. Pobo que habita Costa de Marfil, Guinea Conakry, Liberia e Mali. A súa estrutura de poboación básica foi a aldea, practican a poligamia e presentan unha economía de base agrícola e gandeira.

    4. Lingua níxer-congo que fala o pobo dan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

    2. Individuo do pobo dos danakil.

    3. Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.

    4. Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matar ou castigar unha persoa dun conxunto de dez.

    2. Causar algunha fatalidade un grande estrago ou mortaldade entre a poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de individuos dunha poboación que forman un colectivo reprodutor local.

    2. Conxunto de cidadáns dunha polis grega rexidos por uns mesmos dereitos e cunha fisionomía social, política ou relixiosa de seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a poboación humana a través de aspectos como a súa dimensión, estrutura e evolución. Os censos son a principal base estatística que permite o estudo dos diferentes fenómenos demográficos.

    2. Parte da demografía dedicada ao estudo das poboacións antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de denso.

      1. Magnitude óptica igual ao logaritmo decimal da inversa da transmitancia τ ou da reflectancia ρ dun medio, transmisor ou reflector respectivamente.

      2. Densidade óptica das zonas non expostas dun negativo ou dunha copia fotográfica.

      3. Medida da opacidade dunha emulsión fotográfica.

      1. Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo total.

      2. Número de individuos dun grupo definido presentes nunha unidade territorial determinada, que no caso das plantas, se relaciona coa distancia media entre individuos adxacentes.

      3. Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo habitable, que é a área ou o volume dispoñible.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de densificar.

    2. Proceso de concentración da poboación dentro dunha área urbana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da poboación dun país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de depurar.

      1. Operación industrial que consiste en eliminar o contido dos microorganismos.

      2. Tratamento ao que se someten as augas residuais das poboacións ou das industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos.

    2. Acción política encamiñada a manter e garantir a homoxeneidade político-ideolóxica dun réxime político mediante a eliminación dos membros considerados perigosos ou contrarios, ou acusados de colaborar co inimigo.

    3. olume de plasma que depura o ril ou outro órgano dunha substancia determinada e nunha unidade de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO