"Rabal" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 854.

    1. Porción de algo que sobresae dunha superficie.

    2. Conxunto de formas que accidentan a superficie terrestre que resultan da acción das forzas endóxenas e dos axentes erosivos que destrúen e transforman os relevos preexistentes.

    3. Forma non exenta traballada nun soporte bidimensional, que se diferencia entre alto, medio ou baixo relevo, segundo sobresaia máis ou menos groso.

    4. Sona dunha persoa.

    5. Importancia que se lle dá a algo ou a alguén.

    6. Calidade do que se manifesta con claridade por estar ben contrastado.

    7. Fenómeno que consiste en destacar un mineral do medio no que está mergullado para podelo observar mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de remunerar.

    2. Cantidade recibida polo traballador en contrapartida á súa colaboración no proceso produtivo dunha empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proveito ou beneficio que produce alguén ou algo nun traballo.

      1. Resultado que se deriva da actuación propia dunha determinada unidade económica referida a un certo período.

      2. Retribución que se percibe por un capital investido. Mídese como porcentaxe sobre o valor do investimento e é un indicador da súa eficiencia.

    2. Relación entre o número de moles do produto formado nunha reacción química, e o número de moles dun reactivo limitador na súa formación, alcanzando a estequiometría do proceso.

    3. Relación de proporcionalidade, directa ou inversa, establecida entre o efecto útil obtido nunha máquina e a enerxía consumida para obtelo.

    4. Cociente entre o fluxo total emitido e a potencia consumida por unha lámpada, que se expresa correntemente en lumens por watt (lm/W).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. repuxar.

    2. Que está feito coa técnica do repuxado.

    3. Arte de traballar os metais ou o coiro presionando ou golpeando para obter figuras en relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballar pezas metálicas ou de coiro cun martelo, buril ou cicel para conferir relevo a unha das súas caras.

    2. Puxar con forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción ou feito de residir.

      2. Permanencia, máis ou menos continuada, dunha persoa nun lugar determinado para residir nel.

      3. Concesión oficial feita a un estranxeiro pola autoridade do país en que se atopa, para poder residir nel durante un tempo determinado.

      1. Lugar onde se reside.

      2. Edificio onde conviven habitualmente diferentes persoas baixo unha regulamentación común e vinculados por motivos de idade, traballo ou condición.

      3. Edificio en que unha autoridade ou corporación ten o seu domicilio e exerce as súas funcións.

    1. Período de formación dunha especialidade médica que se realiza en hospitais acreditados e que ten unha duración de entre tres e cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de resistir ou de resistirse.

      2. Delito consistente na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade.

      1. Poder ou capacidade de resistir.

      2. Mecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.

      3. Propiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.

      4. Conxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.

      5. Rama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cumprir un ser vivo a función da respiración.

    2. Ter un momento de descanso no medio dun traballo ou dunha acción que require esforzo e atención.

    3. Recuperar o repouso e a tranquilidade despois dunha preocupación.

    4. Ter un espazo pechado comunicación directa coa atmosfera mediante unha abertura.

    5. Inhalar algo polas vías respiratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. reticular.

    2. Que ten forma de rede.

    3. Relativo ao tipo de ornamentación cerámica que consiste en aplicarlle á peza maciza outra parede calada coa que se imitan os traballos de urdido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de retirar ou retirarse.

      2. Práctica piadosa que consiste no afastamento das obrigas diarias para dedicarse á meditación e á oración.

    1. Diñeiro que cobra un traballador que se retirou.

    2. Situación dun traballador retirado.

    3. Lugar afastado e tranquilo onde se retira alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO