"través" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 410.

    1. Migración cara ao cátodo das partículas coloidais sometidas á acción dun campo eléctrico.

    2. Método polo que se introducen axentes farmacolóxicos no corpo a través da pel mediante unha corrente galvánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dentes agudos e oblicuos que fan mover o mecanismo de certos reloxos. Tm s f, referido a roda.

    2. Que transmite ás rodas da bicicleta a forza exercida sobre os pedais a través dunha cadea. Tm s f, referido a roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que contén un sumario dos principios da doutrina cristiá, xeralmente en forma de preguntas e respostas.

    2. Libro que contén un resumo dos principios dunha doutrina.

    3. Compendio doutrinal dirixido ás clases populares e empregado, especialmente no s XIX, para divulgar teorías políticas e sociais a través de preguntas e respostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a características comúns.

      1. Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que se realiza.

      2. Cada un dos grupos nos que se dividen os participantes nun campionato deportivo estruturado pola idade dos seus integrantes ou polos méritos adquiridos anteriormente.

      1. Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico desta palabra está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant.

      2. Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo ou dun tipo de actividade humana.

      1. Clase xeral en que se reparten todos os elementos dun sistema lingüístico.

      2. Categoría que se descobre nunha lingua a partir da maneira na que esta se organiza.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de manobras realizadas cun catéter.

    2. Introdución dun catéter ata as cavidades cardíacas.

    3. Introdución dun catéter nun uréter ou nos dous.

    4. Introdución dun catéter na vexiga dos ouriños a través da uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio que comunica, a través do celomoduto, o celoma co exterior, e que se pode abrir e pechar mediante un esfínter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso ontoxénico a través do que aparecen no individuo formacións transitorias causadas por modificacións adaptativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Toro de madeira, cortado ao través e disposto de pé, que se emprega para determinados usos.

    2. Parte do tronco dunha árbore que queda chantada na terra despois de cortala.

    3. Trampa para cazar animais que está constituída por un dispositivo que pecha e aprisiona dúas pezas cando o toca a presa.

    4. Praga que sofren algúns cultivos de larvas de coleópteros ou lepidópteros que desenvolven a fase larvaria no interior do talo das plantas.

      1. Tira de ferro ou peza de madeira que está colocada perpendicularmente á cana preto do arganeo, na áncora do tipo almirantado ou de cepo.

      2. Pau chantado na cuberta dunha embarcación para amarrar o cabo co que se remolca outra embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación supersticiosa a través da observación das tempestades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñación a través das figuras que forman as gotas de cera derretida, que se botan na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO