"music" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 363.

    1. Chegar a un acordo varias persoas nalgunha cousa.

    2. Executar harmonicamente as diferentes voces ou os diferentes instrumentos dunha composición musical. Tm v i.

    3. Facer que coincidan os accidentes gramaticais entre dúas ou máis palabras.

    4. Coincidir os mesmos accidentes gramaticais entre dúas ou máis palabras.

    5. Poñerse de acordo varias persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concertar ou concertarse.

    2. Harmonía de cousas dispostas ordenadamente para un fin.

    3. Acordo entre diversas persoas xurídicas cunha finalidade común.

      1. Modalidade do contrato administrativo de xestión de servizos públicos, polo que se encomenda esta xestión a unha persoa natural ou xurídica que realiza prestacións análogas a este servizo.

      2. Convenio sobre materia tributaria entre o ministerio de Facenda e determinadas autonomías ou provincias que gozan dun réxime fiscal especial.

      3. Forma de xestión indirecta dos servizos públicos na que se contrata a prestación dos servizos con outras entidades públicas ou privadas. É característica das corporacións locais.

      1. Audición pública ou privada de obras musicais.

      2. Concerto característico da música barroca no que a formación do concertino está reducida a un só instrumento.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concluír ou concluírse.

    2. Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.

    3. Afirmación numerada que realizan as partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses.

    4. Proposición que se deduce doutras proposicións.

    5. Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten existencia real e se percibe polos sentidos.

      2. Que designa un suxeito real e non unha calidade ou relación nela mesma.

    1. Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.

    2. Que se forma pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).

    3. Arte abstracta, segundo Theo van Doesburg no manifesto Art Concret (1930), que xurdiu como reacción á fundación domovemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo.

    4. Música que se basea no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa en 1948.

    5. Poesía que renuncia á sintaxe usual e iguala os valores semántico e gráfico da imaxe e inclúe, ademais, unha variedade de experimentos poéticos de tipo visual, fonético e cinético. OBS: Tamén se denomina poesía experimental, visual ou fonética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto musical relixioso modificado para uso profano, ou á inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina musical que consiste na superposición de varias liñas melódicas e que ten como base o concepto de intervalo.

    2. Procedemento literario que se basea na combinación simultánea de varios elementos antitéticos unidos harmonicamente, pero que manteñen a súa independencia.

    3. Elemento secundario que complementa e contrasta con outro principal nunha situación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se dá ou se fai de forma simultánea a outra cousa ou coa mesma finalidade.

      2. Que está unido ou contiguo a outra cousa.

      3. Aplícase ao movemento melódico no que se progresa mediante graos conxuntos.

      4. Herdanza indivisible.

    1. Unidade constituída por dous ou máis elementos de algo, ou pola súa totalidade.

    2. Grupo de pezas de vestir que fan xogo.

    3. Grupo instrumental ou vocal que executa unha composición musical.

    4. Colección de obxectos que comparten unha propiedade común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coro.

    2. Conxunto de persoas que compoñen un coro.

    3. Composición musical de carácter relixioso destinada a ser cantada en coro. Usárona sobre todo as igrexas reformadas alemanas nos seus oficios litúrxicos para promover a miúdo a participación dos fieis, por iso tamén recibe o nome de coral luterana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura musical equivalente á metade dunha negra ou a dúas semicorcheas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote da deusa Cibeles en Frixia. Nun principio, consideráronse xenios ou demos, fillos de Apolo ou de Helios; posteriormente, nas festas de Cibeles, pasaron a ser sacerdotes que interpretaban danzas guerreiras ao son de diversos instrumentos musicais, acompañados de fortes berros.

    VER O DETALLE DO TERMO