"Ube" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 934.

  • Herba perenne da familia das aráceas, de ata 75 cm de lonxitude, que presenta un tubérculo horizontal e follas pecioladas e saxitadas. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata branca ou branca verdosa. Os froitos son baias vermellas e velenosas dispostas nunha espiga de ata 15 cm de lonxitude, especialmente patente ao desaparecer a espata na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano sexual dos ascomicetos, integrado polo ascogonio, a tricóxina e unha cuberta protectora de filamentos, que forman unha especie de cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba anual ou perenne, da familia das escrofulariáceas, que pertence ao xénero Linaria e que se caracteriza por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a alguén en estado de arroubo ou éxtase.

    2. Quedar un fóra de si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de corpo cilíndrico, da famila dos arxentínidos, arredondado na zona ventral, cuberto de escamas grandes e rugosas, con pequenas espiñas. A boca é pequena e os ollos grandes. O dorso é de cor verde clara e o resto é prateado con brillo nacarado. Vive en augas continentais e aliméntase de peixes e invertebrados peláxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Urocordado do xénero Ascidia, que pertence á clase dos ascidiáceos. Abrangue especies de forma oval e de cores alaranxadas, que a miúdo aparecen recubertas de area ou de cunchas de molusco.

    2. Calquera membro da clase dos ascidiáceos e, máis xeralmente, do subfilo dos urocordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ascidiáceos.

    2. Urocordados da clase dos ascidiáceos.

    3. Clase de urocordados integrada por individuos mariños de corpo recuberto por unha túnica, que se atopan en profundidades moi variables, pero son máis frecuentes na zona litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo literario ou artístico propio de autores gregos ou latinos clásicos caracterizado pola exuberancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de astuto.

    2. Acto de astucia.

    3. Modo enxeñoso de conseguir algo.

    4. Habilidade para conseguir algo empregando trucos.

    5. Circunstancia agravante da responsabilidade criminal que consiste no uso dunha estratexia que facilita a comisión do delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un burato no coiro ou nun tecido semellante coa axuda dunha subela.

    VER O DETALLE DO TERMO