"Ring" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 92.

    1. Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.

    2. Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.

    3. Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Larva dalgunhas das bolboretas da familia dos notodóntidos, que se despraza xunto con outras en longas ringleiras, emitindo un fío de seda que serve de guía ás outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao templo que ten unha ringleira de semicolumnas próximas ás paredes laterais e á posterior dunha cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trenza feita con allos, cebolas e outros alimentos para colgalos.

    2. Sucesión ou ringleira de cousas colocadas unha detrás doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuadrilátero onde teñen lugar os combates de boxeo ou loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de persoas ou cousas colocadas unha detrás doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome levado polos condes de Rheingau (Alemaña) a partir do s X e herdado a finais do s XII polos señores de Stein, antecesores dos condes e príncipes de Salm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de ringrave.

    2. Territorio rexido por un ringrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percorrido que se fai para comprobar que todo está en orde.

    2. Percorrido que fai de noite un grupo de mozos que van polas rúas cantando e tocando.

    3. Orde que se segue para realizar algo.

    4. Tempo que lle corresponde a unha persoa para facer ou usar algo.

    5. Serie de consumicións que toma un grupo de persoas nun establecemento.

    6. santa compaña.

    7. Ringleira de presos que se fan desfilar diante de alguén para ver se este recoñece entre eles o presunto delincuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de vento dos antigos gregos.

    VER O DETALLE DO TERMO