"Redi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 320.

  • Alteración ou déficit, hereditario ou adquirido, dos factores da coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cólera ou á cólera.

    2. Que está afectado de cólera.

      1. Que ten predisposición para encolerizarse.

      2. Aplícase ao individuo caracterizado pola presenza dunhas respostas emocionais excitadas, rápidas e intensas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema creado no Imperio Romano durante o s III polo que un campesiño quedaba adscrito a perpetuidade ao terreo que cultivaba. O seu estado era hereditario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición para a loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. combinar.

    2. Que resulta de combinar distintos elementos para producir un determinado efecto.

    3. Bebida que se prepara combinando distintos licores, refrescos e outros ingredientes.

    4. Organización ou operación militar na que participan tropas procedentes de diversos estados ou de distintos corpos militares.

    5. Prato no que se serven xuntos diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que recibe a autorización para exercer funcións de mando ou negociación por delegación dunha autoridade superior.

    2. Funcionario de policía que exerce como xefe dunha comisaría.

    3. Membro da Comisión Europea encargado dunha determinada parcela da política comunitaria e designado polo goberno de cada país membro da UE, nun número proporcional ao conxunto dos seus habitantes.

    4. Persoa en quen o testador delegaba a facultade de facer testamento no seu nome ou de distribuír ao seu arbitrio o caudal hereditario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza con outra algunha actividade, comparte con ela a pertenza a algún grupo ou está na sua compañía.

    2. Cousa que forma unha parella con outra.

    3. Persoa, casada ou non, que convive con outra.

    4. Aplícase aos taxons que están presentes nunha comunidade vexetal determinada pero que non manifestan predilección por esta comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coñecer ou coñecerse.

    2. Facultade que ten unha persoa de percibir e de relacionarse co mundo que o rodea.

    3. Todo aquilo que se coñece sobre un saber, ciencia ou materia.

      1. Función e acto da vida psíquica que se caracteriza polo seu carácter representativo e, no caso do coñecemento humano, obxectivo. Fálase de coñecemento sensitivo ou sensible e intelectivo ou intelectual, propiamente humano.

      2. Función e acto intelectuais, mediante os que o suxeito aprehende o obxecto ou o establece como tal, ao recoñecelo como unha realidade en si.

      3. epistemoloxía.

    4. Exame xudicial das actuacións.

      1. Documento que o capitán dunha nave asina e remite ao armador, polo que recoñece as mercadorías cargadas e as condicións do transporte.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de converter ou de converterse.

    2. Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.

    3. Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar unha unidade de medida diferente, que se realiza mediante os factores de conversión, que son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.

    4. Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa.

      1. Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.

      2. Acción de cambiar unha tropa de fronte xirando ao redor dun eixe fixo ou móbil.

    5. Mecanismo de formación de síntomas neuróticos que funciona especialmente na histeria de conversión.

    6. Adquisición de novas propiedades por parte dunha bacteria, asociada á infección por un fago lisoxénico.

    7. Alteración nunha das dúas cadeas dun fragmento de ADN bicatenario, que fai que as dúas sexan complementarias nunha rexión onde antes había un erro de emparellamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade en común dun ben indiviso entre dúas ou máis persoas.

    2. Forma do dereito de superficie sobre propiedades rústicas que permite a existencia de dúas titularidades sobre un mesmo predio: unha sobre o voo, constituída polas masas arbóreas, e outra sobre o solo.

    VER O DETALLE DO TERMO