"Mut" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 200.

    1. Estado de desequilibrado.

    2. Situación dun sistema en que as súas magnitudes económicas non se compensaron mutuamente e hai unha tendencia á alteración das variables endóxenas.

    3. Insuficiencia da capacidade de adaptación social que provoca no enfermo comportamentos sorprendentes e, a miúdo, incoherentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Promesa mutua entre dúas persoas para contraer matrimonio.

    2. Iconografía que representa o matrimonio entre a Virxe María e san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • reacción de desproporción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.

      3. Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.

      4. Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.

      1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.

    2. Que tende a dominar os outros de maneira despótica.

    3. Aplícase ao alelo, á serie de alelos ou ás mutacións que producen ou presentan dominancia.

    4. Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.

    5. Aplícase ao quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tm s f.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a dous.

      1. Que consta de dúas partes, elementos ou individuos.

      2. Aplícase a dúas nocións matemáticas que, permutadas no enunciado dun teorema, dan lugar a un novo teorema.

      3. Aplícase ao sistema que permite escoitar un programa ou película dun medio audiovisual en versión orixinal ou dobrado a outra lingua.

    2. Categoría do número que indica unha idea concreta de pluralidade: ‘os dous’, en oposición a ‘un’ ou a ‘máis de dous’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos dous estereoisómeros ópticos que son mutuamente imaxe especular un do outro. OBS: Tamén se denomina antípoda óptico. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha substancia que se presenta en dúas formas cristalinas, de xeito que cada unha delas é mutuamente a imaxe da outra nun espello.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.

      2. Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.

      3. Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior.

      4. Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática, que pode ser estable, inestable e indiferente ou metastable.

      5. Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema.

    1. Posición vertical dun corpo.

      1. Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.

      2. Posición estable dunha composición pictórica ou escultórica.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo de datos biolóxicos e tecnolóxicos aplicado a problemas de mutua adaptación entre o home e a máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO