"Model" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 141.

      1. Unidade monetaria principal de Holanda, establecida en 1816, que estaba dividida en 100 céntimos. 2

      1. Moeda de prata cuñada en Florencia desde finais do s XII, co valor dun soldo.

      2. Moeda de ouro cuñada en Florencia entre 1252 e 1533.

      3. Moeda de ouro dos grandes duques de Toscana cuñada en Florencia entre 1588 e 1792.

      4. Moeda de ouro cuñada polos monarcas de Aragón na ceca de Perpignan desde 1346, seguindo o modelo dos de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de organización industrial, instituído por Henry Ford e característico do capitalismo moderno (1940-1970), que se baseou na produción a grande escala, nunha alta división do traballo e no crecemento de créditos ao consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de fórmulas.

      2. Libro ou escrito que contén as fórmulas que se deben utilizar para a petición, expedición ou execución de algo.

    1. Papel impreso que se utiliza como modelo para algúns trámites burocráticos, onde hai que cubrir algúns datos ou contestar algunhas preguntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un fractal ou aos fractais.

    2. Modelo matemático ou obxecto real que mantén a súa forma esencial, fragmentada e irregular, aínda que varíe a escala de observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fundir.

    2. Industria ou establecemento onde se realiza a fundición de metais e aliaxes e se fai a coada dentro de moldes axeitados.

      1. Técnica que se emprega en escultura e en ourivaría para a obtención de pezas metálicas, que poden ser macizas ou ocas.

      2. Produto siderúrxico, non forxable, cun contido de C que pode variar entre o 1,9% e o 6,6%, con pequenas cantidades de Si e Mn e impurezas como P e S.

      3. Procedemento para conformar metais a través da modelaxe do metal fundido, que se utiliza na fabricación de pezas de diversos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de gramófono accionado por corrente eléctrica en lugar de medios mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, é comprimido sobre unha capa de xelatina que pode servir de modelo para un certo número de copias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe.

    2. Dobramento semicircular que limita o pavillón da orella por adiante, por arriba e por detrás.

    3. oluta do capitel corintio.

    4. Modelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucleico segundo o que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro á dereita, que se forman pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, e que se dispoñen de forma antiparalela e se unen por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases.

    5. α

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exemplar utilizado polo autor na descrición do modelo dunha especie ou dun taxon subespecífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia ou principio fundamental da interpretación filosófica que asigna ás ideas, ao ideal e ao espírito, unha posición dominante no conxunto do ser e reduce a existencia ao pensamento.

      2. Conxunto de pensadores que marcaron a pauta na filosofía alemá entre 1790 e 1850, e que teñen como precedente a I. Kant.

      3. Doutrina de Platón que atribúe ás ideas, modelos perfectos e divinos, unha existencia en si mesmas. Considera que os obxectos do mundo sensible son copias das ideas.

      1. Tendencia a idealizar a realidade.

      2. Tendencia a comportarse máis por ideais que por consideracións prácticas.

      3. Tendencia que afirma que a finalidade da arte é reflectir as esencias ou perfeccións arquetípicas, ten que crear un mundo ideal e non repetir a realidade continxente.

      4. Doutrina moral segundo a que o home ten que obrar por un ideal, que afirma a liberdade contra a necesidade moral e que comporta a aceptación duns principios morais, segundo unha escala de valores, en que o universal destaca sobre o particular.

    VER O DETALLE DO TERMO