"CIO" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6371.

    1. Calidade de automático.

    2. Elemento ou conxunto de elementos que, debidamente aplicados a unha operación, a unha máquina ou a un proceso, teñen a propiedade de automatizalo.

    3. Técnica literaria defendida polos escritores surrealistas que consiste en escribir maquinalmente, evitando a intervención da vontade, para reproducir o funcionamento real do pensamento.

    4. Execución dos actos sen a intervención da vontade.

    5. Síndrome caracterizada pola produción espontánea e involuntaria de impresións, ideas e recordos, que se impoñen á consciencia do enfermo, quen os atribúe a unha acción estraña a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de automatizar.

    2. Aplicación dos automatismos para conseguir que un proceso de produción aumenten a súa rendibilidade mantendo un nivel uniforme de calidade.

    3. Tendencia das linguas ao facer convencionais determinadas construcións, que van collendo un sentido independente do contexto que as determinara inicialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de automedicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automotor.

    2. Estudo dos aparellos que se desprazan pola acción dun motor.

    3. Sector da industria dedicado ao automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autolesión que comporta a mutilación dalgún membro ou órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de autónomo.

    2. Facultade de gobernarse polas leis propias.

    3. Independencia política e social dunha lingua con respecto a outra.

    4. Capacidade máxima dun vehículo de facer un percorrido sen ter que recibir combustible.

    5.   Condición xurídico-política daquelas entidades que teñen facultades para dotarse de leis propias, dentro da orde constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe autonomía para actuar, gobernarse ou para o seu funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración non encimática oxidativa das graxas insaturadas coa formación de compostos carbonílicos, ácidos e polímeros, que alteran as propiedades dos alimentos.

    2. oxidación autocatalítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dereito e poder de rexer ou de dirixir.

      1. Poder regular exercido sobre unha ou varias colectividades de forma que reciban unha certa orde de subordinación e superordinación, así como un sistema de dereitos e deberes.

      2. Que admite a necesidade dunha autoridade soberana.

    2. Persoa investida de propiedades imperativas.

    3. Coñecemento que alguén ten sobre unha materia ou asunto, polo que a súa opinión prevalece sobre a dos demais.

    4. Persoa que domina unha certa materia ou asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO