"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Malformación conxénita consistente na presenza dunha soa cavidade orbitaria, disposta xeralmente na liña mediana; o globo ocular pode estar ausente ou ser rudimentario ou dobre. En ocasións falta tamén o nariz e sempre hai unha atrofia do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curvatura da columna vertebral de convexidade posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como acaricida por contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cilióforos.

    2. Individuo do subtipo dos cilióforos.

    3. Subtipo de protozoos, xeralmente grosos e de estrutura complexa, co corpo recuberto de cilios dispostos formando series.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou árbore, da familia das cupresáceas, de casca e cor avermellada, con follas aciculiformes perennifolias, cunha franxa branca no revés, dispostas en verticilos. As árbores femininas levan as piñas globulosas, formadas por escamas soldadas cunha coloración negra cando están maduras, que constitúen os froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto aromático do que se coñecen os tres isómeros orto, meta e para. O p-cimeno localízase en moitos aceites esenciais (comiño e tomiño). Emprégase como disolvente e na fabricación de resinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico, de número atómico 30 e peso atómico 65,38, que pertence ao grupo IIB da táboa periódica. É un dos metais que se localiza nun gran número de proteínas e un dos oligoelementos esenciais. Ten un gran número de aplicacións, como a galvanización do ferro e do aceiro, e a preparación de compostos de cinc.

    2. Sólido cristalino delicuescente que se emprega na galvanización do ferro, como preservativo para a madeira, desinfectante, na preparación de cementos especiais e na industria téxtil.

    3. Sólido en forma de pos brancos amorfos empregados como pigmento. OBS: Tamén se denomina branco de China ou branco de cinc.

    4. Cristais incoloros que se empregan en medicina como mordente; como preservativo para o coiro e a madeira, e como axente branqueador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cinta ancha que se utiliza para poñer o albardón aos animais.

    2. Parte do arco que sobresae do intradorso nunha bóveda de canón.

    3. Moldura corrida e saínte no exterior dun edificio que mostra a organización en pisos.

    4. imposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monocasio de tipo escorpioide coas pólas dispostas tridimensionalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como insecticida. É nocivo para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO