"ovi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 837.

    1. Relativo ou pertencente aos apterigotos.

    2. Insecto da subclase dos apterigotos.

    3. Subclase de insectos integrada por individuos ápteros, ametábolos e provistos de apéndices abdominais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión. Adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección causada por arbovirus, transmitida aos vertebrados polos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA de cadea única, con cuberta protectora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou fileira de arcos.

    2. Abertura pechada con arco, xeralmente de grandes dimensións, que adoita servir de paso.

    3. Arco de gran tamaño sobre un van.

    4. Biombo ou protección provisional de madeira que se coloca en sentido lonxitudinal nas adegas dos barcos que teñen que transportar gran sen embalaxe.

    5. Contorno da fiada de dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunscrición ou provincia eclesiástica que está baixo a xurisdición dun arcebispo.

    2. Dignidade ou cargo de arcebispo.

    3. Residencia do arcebispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto de arestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero asiático, da antiga subfamilia dos ovinos, de máis dun metro de altura, parecido a un carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda indíxena que circulaba pola provincia da Hispania Citerior.

    VER O DETALLE DO TERMO