"Marin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 81.

  • Aliaxe de ferro e níquel, de elevada permeabilidade magnética e feble histérese magnética, que se emprega na fabricación de cables submarinos, núcleos de bobina ou elementos sometidos á acción de campos magnéticos alternos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxoderivado do pirano, coa estrutura localizada en produtos naturais, como a cumarina, a xantona ou a α-flavona.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie plana e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. Estrutura de formigón e de aceiro en que se montan os elementos dun foguete espacial e desde a que se efectúa o seu lanzamento.

      3. Estrutura que se emprega para a perforación de pozos de petróleo no mar.

    1. Superficie que nas estacións de ferrocarril se sitúa ao longo da vía destinada para que os viaxeiros poidan andar.

    2. Parte inmediata á entrada e saída de pasaxeiros, desprovista de asentos en vehículos de transporte público.

    3. Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.

    4. Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, profesional ou sindical.

    5. Asociación non estable de grupos ou partidos para a consecución duns fins compartidos.

    6. ehículo autopropulsado que se emprega para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aversión ao traballo ou á vida activa.

    2. Lentitude na realización de algo.

    3. Sétimo e derradeiro dos pecados capitais, oposto á dilixencia segundo o catecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, do xénero Vulpes, Alopex e Otocyon, da familia dos cánidos, de tamaño mediano.

      2. Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, de pelame rubio, gris ou pardo, cabeza ancha, fociño apuntado, orellas grandes e triangulares e cola longa e densamente cuberta de pelame.

      3. Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, que presenta o pelame pardo amarelado, co fociño e os extremos das patas e o rabo negros.

    1. Peixe cartilaxinoso, da familia dos alópidos, que presenta o corpo cilíndrico, de cor cinsenta na parte dorsal e branca na ventral, co pedúnculo caudal delgado e sen quillas laterais, a cabeza pequena e o fociño arredondado e curto.

    2. Que obra con astucia para conseguir o que quere. Tm s.

    3. Que actúa de mala fe. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de dogmas ou doutrinas, de crenzas, costumes ou ritos, de actitudes e sentimentos e de maneiras de comportamento que vinculan a unha persoa ou a un grupo humano con aquilo que se recoñece como sagrado, misterioso ou transcendente, e que a miúdo se identifica con Deus ou co divino.

      1. irtude que move ao home a darlle a Deus o culto debido.

      2. Conxunto de principios e practicas dirixidos a cumprir ferventemente un ideal, unha institución.

    2. Orde ou instituto relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto perennifolio, da familia das lamiáceas, moi aromático, que presenta follas endurecidas e lineares, coas marxes revolutas, flores azuladas, reunidas en ramalletes axilares, e froito en tetraquenio e que se emprega principalmente como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de San Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe óseo gregario e peláxico, da familia dos clupeidos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, alongado, deprimido lateralmente, de cor azulada no lombo e prateada no ventre, o opérculo con estrías radiais regulares e as escamas de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que permite o funcionamento dos motores diesel dun submarino cando navega mergullado a pouca profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO