"Edom" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 101.

    1. Que presenta un predominio da lonxitude sobre outras dimensións.

    2. Aplícase ao biotipo dos individuos caracterizados, segundo a biotipoloxía italiana, por ter os membros longos en relación ao tronco, talla alta, tórax longo e delgado, capa adiposa pouco desenvolvida e músculos fláccidos e longos. Corresponde ao tipo asténico de Kretschmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos minerais de cor escura.

    2. Aplícase ás rochas magmáticas en que predominan minerais ricos en ferro e magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estilo artístico europeo que se situou nun momento de loita entre o anticlasicismo e o clasicismo, e que se caracterizou por un ton fantástico e insólito, unha gran predisposición á excentricidade e ao desbaratamento, a ruptura dos eixes convencionais compositivos e por un divorcio entre a función e a forma.

    2. Fenómeno que, en calquera estilo, se produce cando hai un predominio da ostentación da habilidade formal sobre o contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo melanodermo ou aos seus representantes.

    2. Individuo do grupo melanodermo.

    3. Grupo de razas humanas de pel escura, cabelos crechos, glándulas sudoríparas abondosas, beizos inchados e predominio da dolicocefalia. Están amplamente estendidos no continente africano, nalgunhas rexións de Asia, Melanesia, e no continente americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos lábridos, que presenta corpo e cabeza alongados, coloración variable en que predomina o verde e o laranxa, e a aleta dorsal moi alongada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de propiedade e explotación das áreas rurais e agrícolas en que predomina o réxime do minifundio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde predominan os mirtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de moderno.

    2. Afección excesiva ás tendencias ou aos gustos modernos.

    3. Movemento cultural que se produciu en Occidente a finais do s XIX e comezos do s XX, e que se caracterizou polo predominio da curva sobre a recta, a riqueza e o detallismo da decoración, o uso frecuente de motivos vexetais, o gusto pola asimetría, a estética refinada e o dinamismo das formas. No aspecto literario, aplícase especialmente ás literaturas castelá e catalá.

    4. Movemento relixioso de finais do s XIX e comezos do s XX, que pretendeu conseguir unha interpretación e acomodación das crenzas e das doutrinas tradicionais aos novos tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á música.

    2. Que ten características propias da música.

    3. Que predominan as escenas cantadas ou bailadas. Tm s m, referido a xénero cinematográfico.

    4. Aplícase á corrente ou sinal eléctrico que ten unha frecuencia correspondente á das notas musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás naves e á navegación.

    2. Industria da construción naval, en que predomina a realización de barcos cisterna, petroleiros ou destinados a gases líquidos, barcos de carga especializados e barcos de carga xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO