"6" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 740.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato complexo de magnesio e calcio, de fórmula (Ca,Mg, Fe,Fe +3 ,Ti,Al) 2 (Si,Al) 2 O 6 , do grupo dos piroxenos. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son prismáticos, ou ben grans informes. É de cor negra, verdosa ou verde escura, segundo a cantidade de ferro que conteña. Encóntrase como mineral esencial en moitas rochas ígneas, especialmente nas volcánicas básicas (diabasas e basaltos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia derivada da 6-mercaptopurina, empregada como inmunodepresor no transplante de órganos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado do nitrobenceno que contén o cromóforo azo. Emprégase para a obtención da bencidina e tamén como fumigante e acaricida.
-
-
Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.
-
Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.
-
Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.
-
Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.
-
Símbolo do bel.
-
Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.
-
Símbolo do boro.
-
Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.
-
Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso do Islam, iniciado por Mīrzā Alī Muḥammad (babismo) e reformado por Mīrzā Alī Ḥusayn Nūrī, chamado Baha’ Allah, que cre que a revelación divina é un proceso continuo e progresivoe eleva á categoría de culto toda obra feita con espírito de servizo.
-
-
Relativo ou pertencente aos bahmanitas.
-
Membro da dinastía bahmanita.
-
Dinastía musulmá fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Sāh que gobernou o sultanato do Decán entre 1347 e 1526.
-
-
-
Moeda de prata do S de Italia que no s XV equivalía a un soldo.
-
Moeda de prata cuñada nos Estados Pontificios que tivo diversos valores e diversas formas ata finais de 1866.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria panameña que tomou o nome de Vasco Núñez de Balboa, definida como 0,888671 g de ouro, de plena equivalencia co dólar de EE UU.
-
-
Herba anual, da familia das balsamináceas, erecta, de 30 a 60 cm, con follas ovadas, fondamente dentadas, e flores grosas, moi irregulares e incluso dobres entre as variedades cultivadas.
-
Herba anual, da familia das balsamináceas, de follas lanceoladas, festonadas, e flores lixeiramente irregulares, dunha cor vermella de cinabrio, cunha longa espora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento da familia dos laúdes de orixe afroamericana, que pode ter 4, 5, 6 ou 9 cordas e de mango longo. Consta dunha caixa circular cuberta con pel.