"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

    1. Conxunto de bens que unha persoa herda dos seus ascendentes.

      1. Conxunto de bens, valores e créditos que posúe unha persoa ou institución.

      2. Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade e que teñen un recoñecemento oficial, como os costumes, as tradicións, a paisaxe, a arte ou a lingua. Engloba o patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e o natural ou científico.

      3. Terras e bens que constitúen a dotación do papa.

      4. Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais.

      5. Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, só transmisible por herdanza a unha persoa.

      6. Conxunto de bens de titularidade do estado afectos para o uso e servizo do rei e dos membros da familia real española.

      7. Conxunto de bens, dominios, rendas, impostos e outras regalías que servían para sufragar os gastos do aparato estatal e, ao mesmo tempo, a casa do rei durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas.

      2. Parte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.

      3. Tricofitose do pé, producida polo fungo Candida albicans, que se caracteriza polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.

      4. Deformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.

      5. Deformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se apoia a planta en terra.

      1. Parte terminal de cada unha das patas dun animal.

      2. Pezuño dos ungulados.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diñeiro que ten particularmente cada persoa.

    2. Diñeiro que percibe un preso polo traballo que realiza dentro da prisión.

    3. Diñeiro que podía ter a muller, o fillo ou o escravo, integrado por metálico e unha pequena cantidade de bens, que o dominus ou pater familias lles confería, conservando este último a posesión e propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pedir.

    2. Superficie de erosión dunha certa pendente (menos do 7%), modelada sobre rocha dura e dominada na parte superior por un relevo abrupto ocasionado polos efectos da erosión

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pedomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación que dá como resultado definitivo un aspecto semellante ao que é xuvenil e transitorio noutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pelotear.

    2. Sensación de vaivén que producen algúns tumores abdominais ao ser palpados ou o feto no líquido amniótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede músculo-membranosa de forma romboidal que forma o solo da gran cavidade abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana serosa que tapiza as paredes da cavidade abdominal e a superficie exterior das vísceras que contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame da cavidade peritoneal mediante unha endoscopia que se introduce a través dunha incisión na parede abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO