"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Papel forte provisto dunha capa de pos de vidro ou de area de cuarzo nunha das súas caras que se emprega para puír superficies.

    2. Peixe cartilaxinoso mariño, da familia dos escuálidos, de corpo case cilíndrico, cabeza pequena e pel áspera, gris con pintas.

    3. Pel deste peixe que polas súas características se emprega para puír.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea acuática, da familia das ninfeáceas, perenne, rizomatosa, de follas peltadas e orbiculares de flores brancas.

    2. Planta glabra, da familia das fabáceas, con follas imparipinnadas lanceoladas, inflorescencias sobre pedúnculos axilares e froito en legume.

    3. Planta herbácea acuática, da familia das nelumbonáceas, perenne, rizomatosa, de grosas follas peltadas e circulares e de flores rosadas e olorosas.

    4. Planta anual, da familia das fabáceas, con follas entre lineais e ovadas, flores pedunculadas dispostas en acios e froito de tipo legume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Satélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

      1. Cada unha das fases do satélite da terra.

      2. A Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.

      3. A Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuarto crecente.

      4. A Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuarto minguante. OBS:  Tamén se denomina devalo.

      5. A Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.

      6. Inicio do cuarto minguante.

      1. Mes lunar.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo, da orde decápoda, semellante á lagosta, da que se diferencia polas patas anteriores, máis grandes, en forma de pinzas e ás veces desiguais. É de cor negra azulada, xaspeado de amarelo, que se torna vermello intenso ao cocelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento, da familia das ofioglosáceas, cunha folla estéril pinnatisecta, de segmentos en forma de media lúa ou de abano, e cunha folla fértil panicular.

    2. Planta herbácea bienal, da familia das brasicáceas. Presenta follas ovadas e desigualmente dentadas, flores purpúreas ou raramente brancas, dispostas en acios, e de froitos en silícula, grandes e amplamente elípticos; ten septos persistentes, que son brancos e brillantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Molusco mariño da clase dos cefalópodos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan.

      2. pota.

      3. Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos ommatostrécidos, de ata 15 m de lonxitude que vive a profundidades de ata 1.000 m.

      4. Molusco cefalópodo dibranquio que comprende diversas especies mariñas, litorais e peláxicas, de corpo alongado cunha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal, dúas aletas triangulares situadas a cada lado do corpo e que chegan ata a metade do manto.

    1. Moco que pinga do nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas con segmentos rematados en mucrón, capítulos con lígulas brancas e o froito en aquenio.

    2. Infusión medicinal que se fai coas flores da macela, e que se toma como tónico estomacal.

    3. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas bipinnadas e pubescentes, capítulos solitarios e froito en aquenio.

    4. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas, pinnatisectas, con segmentos carnosos e capítulos con lígulas brancas e o flósculo amarelo-verdoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser vivo coas características do sexo masculino.

    2. Animal que se utiliza como semental.

    3. Peza que se introduce ou encaixa noutra.

    4. Peza metálica que se emprega para facer a rosca na fura dun trade.

    5. Que ten as calidades que se consideran propias do sexo masculino.

    6. Pinzón fixo do temón, que encaixa noutro denominado femia.

    VER O DETALLE DO TERMO