"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Planta, da familia das apiáceas, perenne, de follas pinnadas lanceoladas. A cor das flores é branca e atópanse en umbelas. O froito é ovoide.

    2. Planta herbácea da familia das poligonáceas, de inflorescencia en panícula. Ten tubérculos saíntes e os froitos en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos labregos.

      2. Persoa que traballa a terra e vive dela.

    1. Que é moi traballador e ten interese no labor que realiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Resina producida polos insectos da subfamilia dos lacciferinos. Emprégase na fabricación de vernices, no tratamento das peles e na decoración de obxectos de arte.

      2. Resina producida pola exsudación de certos vexetais. Principalmente provén de árbores dos xéneros Rhus e Melanorhoea. Aplicada en películas finas, endurécese en contacto co aire e vólvese transparente e resistente aos ácidos, aos alcalinos e a boa parte dos disolventes orgánicos. Emprégase na preparación dos vernices.

      3. erniz duro e brillante que se obtén a base de laca natural ou de produtos sintéticos.

    1. Composto insoluble, con cor propia, que resulta da acción dun colorante sobre un mordente.

    2. Produto que se fai con resinas sintéticas que, vaporizado sobre os cabelos, os recobre dunha capa protectora e evita que se despinten.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se apodera do que non é da súa propiedade. Tm s.

    2. Aplícase á persoa que cobra máis do debido. Tm s.

    3. Dispositivo de conexión con tres derivacións que permite conectar ata tres enchufes a unha mesma toma de corrente.

    4. Póla dunha planta que non dá lugar a froitos e, polo tanto, réstalle produtividade á planta.

    5. Corpo que se interpón entre o resorte tipográfico e o papel co fin de impedir parcialmente a estampación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben diversas especies de insectos da orde dos ortópteros. Caracterízanse por ter antenas curtas, cor terroso e órganos estriduladores formados polos élitros e os fémures. Son fitófagos e teñen costumes gregarios.

      1. Crustáceo da familia dos palinúridos, que presenta o segundo par de antenas longas e fortes, o primeiro par de patas marchadoras e non teñen pinzas.

      2. Crustáceo macruro da familia dos palinúridos. Presenta o corpo de cor arrubiado ou rosa, xaspeado de manchas. Ten hábitos nocturnos e aliméntase de prea, bivalbos e gasterópodos.

      3. Crustáceo decápodo da familia dos palinúridos, que presenta o corpo de cor verdosa cunha mancha transversal branca en cada segmento do abdome. OBS: Tamén se denomina langosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, coas primeiras antenas moi curtas e que se caracteriza polas branquias internas das segundas antenas, moi planas e amplas.

    2. Crustáceo da orde dos decápodos, co primeiro par de patas en forma de grandes pinzas. Ten o abdome alongado e é de cor rosa. OBS: Tamén se denomina cigala.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome que recibe a onceava letra do alfabeto grego

    1. Punto craniométrico saxital situado na zona de confluencia da sutura saxital e a lamboidea, entre os ósos parietais e o occipital.

    2. Partícula elemental do grupo dos hiperóns dentro da familia dos barións que ten un spin de 1/2 e está simbolizada por Λ. Coñécense dous hiperóns lambda: un de carga eléctrica nula, masa 1.988,8 x 10 -30 kg e vida media 2,63 x 10 -10 s e outro de carga eléctrica positiva, masa 4 052,0 x 10 -30 kg e vida media 7 x 10 -30 s.

    3. Cadena lixeira constituída por polipéptidos, que forma parte da estrutura molecular das inmunoglobulinas.

    4. Temperatura en que se efectúa a transición entre as dúas fases do helio líquido ou na que poden coexistir as dúas fases do helio líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lampridiformes.

    2. Peixe da orde dos lampridiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos osteictios, que presentan aletas sen raios espinosos, boca protátil, sen dentes, cos ollos moi grandes, e co corpo de formas moi variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato formado por unha bombilla eléctrica cun reflector luminoso e un interruptor, que produce luz mediante pilas ou acumuladores recargables.

    2. Construción de planta circular ou poligonal que se erixe como remate dunha cúpula ou torre para iluminar os interiores a través dos vans laterais abertos no seu corpo.

    3. Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, e a maxila inferior un pouco máis saínte que a superior. Ten unha soa aleta dorsal, presenta placas luminosas no pedúnculo da cola e fotóforos espallados baixo a liña lateral.

    4. Aparato mastigador dos equinódeos, formado por 5 grandes pezas calcárias, pirámides cun dente cada unha, con forma de punta de frecha apuntando cara á boca, que se dispoñen radialmente e están conectadas entre si por fibras musculares adxacentes.

    5. Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo acastañado, alongado e comprimido lateralmente. Presenta unha soa aleta dorsal e moitos fotóforos de cor dourada por debaixo da liña lateralmente.

    6. Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo negro, alongado e comprimido lateral que presenta unha soa aleta dorsal de cor clara.

    7. Aparato no que se fan aparecer por medio de lentes amplificadas sobre unha superficie branca, figuras pintadas en tiras de vidro e fortemente iluminadas por unha luz situada dentro do aparato.

    8. Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo de cor negra, a base da aleta dorsal máis longa ca a da caudal e escamas luminosas por enriba e debaixo da liña lateral.

    9. Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo alongado e comprimido lateralmente. A cabeza e os ollos son grandes e ten dúas aletas dorsais, a segunda moi pequena e adiposa. Ten fotóforos por debaixo da liña lateral e é de cor acastañada escura con brillos prateados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover de forma débil e constante.

    VER O DETALLE DO TERMO