"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Relativo ou pertencente aos carideos.

    2. Crustáceo decápodo da infraorde dos carideos.

    3. Infraorde de crustáceos decápodos que se caracterizan por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico.

    2. Peza instrumental inspirada na música do carillón.

    3. Rexistro de órgano que consiste nunha serie de timbres que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.

    4. Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cariofiláceas.

    2. Planta herbácea da familia das cariofiláceas.

    3. Familia integrada por plantas herbáceas ou sufrutescentes de talos nodosos, follas opostas e flores actinomorfas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto revolucionario francés, composto e difundido en París a partir de 1792. O nome provén dun tipo de chaqueta típica de Carmagnola (Piemonte), levada a París polos revolucionarios marselleses e adoptada polos xacobinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte branda do corpo dun animal formada principalmente polo tecido muscular.

      1. Parte comestible do corpo dos animais que se corresponde coas masas musculares.

      2. Carne que se secou no fumeiro.

      3. Carne de coello ou lebre.

      4. Carne das aves, como a galiña ou o pato.

      5. Carne dos animais que non se someteu a ningún proceso de conservación.

      6. Carne que non ten graxa nin nervios.

    2. Parte branda e comestible da froita e dos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se mantén nunha postura determinada aínda que haxa razóns que evidencien que está errado. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do esqueleto da man constituída por oito ósos dispostos en dúas filas que se articulan entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato esporífero dos fungos das subdivisións ascomicotina e basidiomicotina, formado por un estroma de consistencia suberosa ou carnosa.

    2. Prolongación estreita do tálamo dalgunhas plantas que sostén o xineceo e, posteriormente, o froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de pequeno porte que pertence a distintas especies e presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras.

    2. Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha aparencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.

    3. Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.

    4. Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición que consiste en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal.

      2. Proba deportiva que consiste en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto.

      4. Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del.

    2. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      1. Conxunto de estudos científicos, técnicos ou humanísticos de carácter superior, que posibilitan a obtención dun título e capacitan para desenvolver unha determinada actividade profesional.

      2. Traxectoria profesional dunha persoa ao longo da vida.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO