"ecto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 5699.

  • Facer algo ou a alguén obxecto de sátira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saturar ou saturarse.

    2. Situación dos mercados cun forte exceso de oferta dunha mercadoría e que indica sobreprodución.

    3. Estado de condución dun dispositivo electrónico caracterizado polo feito de que a caída de tensión é pequena e case constante, independentemente da corrente.

    4. Estado ou situación en que o sinal de saída dun amplificador é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada.

    5. Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.

    6. Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.

    7. Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.

    8. Zona nos terreos permeables que contén a capa freática e onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos satúrnidos.

    2. Insecto lepidóptero da familia dos satúrnidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que presenta ás de gran tamaño, o corpo peludo con espiritrompa reducida ou sen ela, ocelos moi visibles sobre as ás amplas e antenas bipectinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dirixir a alguén un saúdo.

    2. Mandar ou enviar saúdos a alguén. Tm abs.

    3. Facer un aceno diante dunha autoridade militar como sinal de respecto. Tm abs.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Graxa sólida obtida por fusión e refinamento dos tecidos adiposos do gando, que se emprega para facer velas, xabóns e ungüentos.

    2. Secreción lipídica de carácter excretor, que ao mesmo tempo lubrifica e impermeabiliza os pelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secar.

    2. Falta de chuvia durante un período longo de tempo.

      1. Oscilación periódica do nivel dun lago ou dun mar nun entrante da costa, golfo ou baía.

      2. Parte dun areal que queda descuberta na marea baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secar.

    2. Modificación que experimenta unha película de pintura ou verniz ao pasar de estado líquido a sólido.

    3. Operación que consiste en separar un líquido do sólido que o retén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un todo.

    2. Acción e efecto de seccionar algo.

    3. Intersección dun plano cunha superficie.

    4. Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.

    5. Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.

    6. Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.

    7. Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie limitada por un arco dunha curva e dúas rectas.

    2. Parte especial dunha colectividade, dunha cidade ou dun lugar.

      1. División fitoxeográfica inferior á provincia ou ao dominio.

      2. Cada unha das partes en que se divide a economía para o seu estudo.

      3. Cada unha das partes ou zonas interconectadas en que pode estar dividida unha rede de distribución de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un sector dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO