"MIT" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 2230.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desviación espontánea dos átomos, segundo a filosofía de Epicuro, que caen no baleiro e que permite explicar a súa situación e aglomeración, amais da existencia do libre albedrío.
-
-
Escudo circular e arqueado que se emprega na antigüidade.
-
Motivo ornamental que adoita ter a forma dun medallón circular ou ovalado, co interior decorado con pinturas ou esculturas e que se coloca nos muros e paredes.
-
Placa da cabeza dos insectos, situada por baixo da fronte e limitada lateralmente polas mandíbulas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión da pel que consiste en manchas pigmentarias, ben delimitadas, de contornos irregulares e localizadas case exclusivamente na cara.
-
-
Acción e efecto de clonar.
-
Proceso de obtención de células ou organismos idénticos orixinados do mesmo e único proxenitor por división das células ou por reprodución asexual dos organismos.
-
Técnica que permite a obtención de gran número de copias idénticas dun ou varios xenes contidos nun fragmento de ADN.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao clon.
-
Relativo ou pertencente ao clonus.
-
-
Ordenador que imita a outro en moitas das súas características.
-
Aplicación informática que imita outra.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orgánulo propio da célula vexetal, onde ten lugar a fotosíntese. É de cor verde, pola clorofila que contén e está limitado por unha dobre membrana, cuxa membrana interna orixina un sistema membranoso de lamelas ou tilacoides, que se fusionan formando uns sáculos, que se amontoan e constitúen os granas.
-
-
Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.
-
Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas.
-
Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.
-
Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e sobre o propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo.
-
-
-
coacervar.
-
Fase coloidal obtida no proceso de coacervación.
-
Teoría que explica a orixe dos primeiros seres vivos a partir do “caldo primitivo”, que contiña macromoléculas que se xuntaron e formaron un coacervado.
-
-
-
Táboa pequena que na antiga Roma se empregaba para escribir.
-
Disposición da última vontade, outorgada coas mesmas solemnidades externas dun testamento, en que se modifica, clarifica ou revoga o que quedou establecido no testamento, ou, se non existise, permite ditar disposicións sucesorias a favor dos seus herdeiros.
-
-
-
Que codifica. Tm s.
-
Circuíto lóxico que permite codificar un sinal presente na súa entrada.
-