"ovista" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 128.

    1. Relativo ou pertencente ás escitamíneas.

    2. Planta da antiga orde das escitamíneas.

    3. Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Inclúense dentro da orde das cinxiberáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos espalácidos.

    2. Mamífero da familia dos espalácidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos roedores, de forma redondeada, patas curtas e provistas de unllas, rabo moi curto, cabeza achatada, fociño en forma de pa, ollos cubertos de pel e orellas ausentes. Son animais adaptados á vida subterránea e por iso son uns formidables escavadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. espiñoso.

      1. Peixe da familia dos gasterosteidos.

      2. Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo alongado, co fociño e o pedúnculo caudal moi afiados, propio de augas salgadas ou salobres.

      3. Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo comprimido e fusiforme, cun pedúnculo caudal afiado, cabeza aguda e boca pequena. Presenta tres espiñas illadas diante da aleta dorsal que poden erguer, aletas pélvicas transformadas noutra espiña e aleta caudal reducida. A pel está desprovista de escamas ou parcialmente cuberta de placas óseas. Aliméntase de vermes, crustáceos, insectos e pequenos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estomatópodos.

    2. Crustáceo da orde dos estomatópodos.

    3. Orde de crustáceos mariños, da clase dos malacostráceos, de cefalotórax curto, con grandes ollos móbiles e catro pares de patas, das que o primeiro par está transformado en garras raptoras provistas de aguillóns espiñentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma característica dos guerreiros galaicos, lusitanos e celtiberos, con forma de espada curta, provista dunha folla ancha e curva e dotada dunha empuñadura curvada e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que serve para transformar metal ou plástico en fío.

    2. Peza metálica provista de diversos buratos por onde sae, por medio de extrusión, a masa viscosa que, unha vez solidificada, constitúe o fío téxtil.

      1. Cada unha das eminencias mamilares da cara ventral do abdome das arañas, por onde saen os fíos cos que fabrican as teas de araña.

      2. Protuberancia do labio inferior das eirugas de certos insectos por onde sae o fío da seda.

    3. Liña ou cordel pequeno que suxeita o cebo ao cambelo na arte á raña para pescar polbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filactolemados.

    2. Briozoo da clase dos filactolemados.

    3. Clase de ectoproctos que presentan o lofóforo en forma de ferradura provista de tentáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fisurélidos.

    2. Molusco da familia dos fisurélidos.

    3. Familia de moluscos gasterópodos mariños que posúen unha cunha con forma cónica ou de volcán, provista dun orificio apical e, ás veces, cunha pequena fenda no bordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero acuático, da familia dos fócidos, caracterizado por presentar as extremidades reducidas e modificadas en forma de aleta. A pel dos adultos aparece maiormente desprovista de pelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao motor movible, situado nunha embarcación pequena. Tm s m.

    2. Embarcación provista dun motor foraborda.

    VER O DETALLE DO TERMO