"chamado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 69.

    1. Relativo ou pertencente ao millo.

      1. Planta herbácea anual, monoica, da familia das poáceas que presenta un talo rematado nun penacho chamado cima ou frecha, formado por panículas de espigas constituída por dúas flores masculinas. As flores femininas agrúpanse en espigas biflorais sobre un eixe chamado raspa e forman unha inflorescencia denominada mazaroca.

      2. Millo que ten o gran grande e amarelo.

      3. Millo co gran de varias cores.

      4. Primeiro millo que se sementa.

      5. Millo que ten os grans brancos e a mazaroca grosa.

      6. Millo que se bota na terra onde se recolleu o centeo.

      7. Millo de grans vermellos.

      8. Millo que se sementa despois de recoller o trigo.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Salmo cincuenta, chamado así polo seu comezo en latín (Miserere mei Deus), que se emprega na liturxia do oficio de mañá, no oficio de defuntos e nos períodos penitenciais do ano litúrxico.

    2. Palabra usada para expresar ideas de dor, arrepentimento, desgraza e inminencia da morte.

    3. oclusión intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nidulariais.

    2. Fungo da orde dos nidulariais.

    3. Orde de fungos con esporocarpos formados por un peridio en forma de copa e por un coágulo que contén corpos redondos chamados peridíolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da orde das sapindais, de madeira apreciada e froitos utilizados para facer unha especie de pan chamado dika.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta follas ovadas,  flores brancas, dispostas en pequenos corimbos, e froitos comestibles, chamados peras.

    2. Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta follas arredondadas, flores brancas en corimbos moi curtos e froito de sabor amargo.

    3. Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta flores brancas e o froito de cor castaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita ou deixada expresamente na parede, nunha reixa ou nun valado, desde o chan ata unha altura conveniente, que permite entrar e saír nunha casa, cuarto ou cercado.

    2. Abertura de acceso a un lugar.

    3. Abertura dun forno de panadeiro, de oleiro ou de vidreiro, pola que se enforna e desenforna e a través da que se efectúan outras operacións propias dun forno.

    4. Parte da almadraba que dá acceso ao cope e que é tapada cunha rede cando os peixes están dentro.

    5. Porta grande dunha casa de labranza que permitía o paso do carro.

    6. Acceso principal dunha cidade ou dun edificio.

    7. Porta aberta nun lateral dalgunhas catedrais, onde os fieis poden gañar indulxencias ao entrar por ela.

    8. Porta situada na parte traseira ou lateral dun edificio e que non é a principal.

    9. Porta que hai nas basílicas maiores romanas e nalgunha outra basílica da cristiandade, ao lado da porta principal, e que se abre solemnemente con ocasión do xubileu ou ano santo, na vixilia do Nadal, e se tapa solemnemente na mesma data do ano seguinte.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Prehistoria.

    2. Que é anterior aos tempos chamados históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso ou motivación que, segundo a teoría psicanalítica, está orixinado naquilo que leva a executar ou rexeitar un acto concreto seguindo o chamado principio do pracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chamar moito a atención, en especial pola viveza das cores ou pola extravagancia nos adornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce a soberanía dun reino, cuxo cargo pode ser electivo, hereditario, absoluto ou constitucional.

    2. Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, rango ou clase.

    3. Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.

    4. Peixe, da familia dos lábridos, que presenta o corpo alongado, o fociño agudo e as escamas pequenas e no que as femias son de cor laranxa e os machos verdosos.

    5. Festividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús, e que se celebra o 6 de xaneiro.

      1. Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.

      2. Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.

    6. Título que se daba na Antigüidade ao deus Moloc, rei de Canaán, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Tamén lle foi dado a Iahvé no Antigo Testamento e representaba un poder xeral.

    7. Oficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña como función declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.

    VER O DETALLE DO TERMO