"RAG" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 614.

    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente  aos auriculariais. 

    2. Fungo da orde dos auriculariais.

    3. Orde de fungos da clase dos fragmobasidiomicetos que presentan basidios septados transversalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uranofosfato de calcio hidratado que cristaliza no sistema tetragonal, pero opticamente ten propiedades rómbicas. Preséntase en cristais tabulares illados ou en escamas. É dunha cor amarela verdosa e translúcida. Ten exfoliación perfecta. Presenta unha fluorescencia verde moi intensa baixo luz ultravioleta e é moi radioactiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avanzar.

    2. Feito de ir cara a adiante.

    3. Partida ou unidade que marcha por diante do grupo principal das forzas.

    4. Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión.

    5. Fragmento breve de calquera programa que se insire dentro da emisión televisiva ou radiofónica.

    6.   Movemento relativo, nunha máquina-ferramenta, que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta.

    7. Diferenza de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicar ou impregnar algunha cousa de xofre, especialmente as viñas para protexelas de certas pragas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de axudar.

    2. O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

      1. Acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais.

      2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos  que exercían un cargo.

    3. enema.

    4. Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragar os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

    5. Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de fragmentación dun territorio en estados máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten contido, interese ou fundamento.

    2. Que non ten xente.

    3. Que non ten o seu espazo ocupado.

    4. Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou cousa.

    5. Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.

    6. Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espazos entre columnas) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción.

    7. Espazo desprovisto de materia.

    8. Concepto límite, segundo a física clásica, dun espazo desprovisto totalmente de materia, en que se propagan os campos.

    9. Rexión do espazo en que a presión atmosférica foi reducida para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espazo pechado.

    10. Conxunto que non contén ningún elemento.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conidios e hifas de fungos que se desenvolven sobre materia orgánica e teñen aparencia de peluxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnosia caracterizada pola perda da facultade de avaliar o peso dos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO