"Mut" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 200.

  • Calidade de conmutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode conmutar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conmutar.

    2. Operación que consiste en establecer as conexións individuais entre as vías de transmisión ou os circuítos de comunicación entrantes e saíntes, co fin de establecer a comunicación desexada entre dous puntos.

    3. Indulto parcial que altera a natureza do castigo a prol do reo.

      1. Modificación da configuración dun ou de diversos circuítos eléctricos mediante o establecemento ou a supresión de determinadas conexións.

      2. Conxunto de fenómenos que teñen lugar no inducido dunha máquina eléctrica, producidos pola inversión do sentido da corrente que produce unha forza electromotriz inducida, chamada tensión de reactancia, que orixina efectos prexudiciais.

    4. Figura retórica que consiste na inversión dos termos dunha proposición noutra inmediata, de maneira que esta forma contrasta coa precedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que conmuta.

      1. Aparato que se utiliza para interromper un circuíto e conectar outro.

      2. Conmutador tripolar ou hexapolar de dúas posicións que serve para pór en marcha os motores trifásicos asíncronos.

      3. Conmutador que serve para conmutar o circuíto de conexión dun motor co fin de invertir o sentido de xiro.

    2. Operador dado pola expresión

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intercambiar unha cousa por outra de maneira recíproca.

    2. Mudar unha pena, obriga ou castigo por outro máis leve.

    3. Efectuar unha conmutación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á conmutación.

    2. Aplícase ao contrato en que o interese pecuniario das prestacións das partes está ben determinado desde a súa celebración.

    3. Propiedade dalgunhas operacións segundo a que o resultado de compoñer dous elementos é independente da orde en que se collan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina eléctrica rotativa que permite converter corrente alterna en corrente continua ou á inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Método de preparación e envase de alimentos que permite a súa conservación e consumición durante un certo período de tempo.

      2. Produto alimenticio de orixe vexetal ou animal sometido a unha determinadada preparación para que se conserve durante certo tempo.

    1. Acompañamento que se fan mutuamente as embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de illamento de cepas mutantes que consiste en provocar a morte das células que expresan o fenotipo parental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

      1. Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

      2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

      3. Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

      4. Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

      5. Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

      6. Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

      7. Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

      8. Conxunción que introduce elementos equivalentes.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO