"Gúín" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 83.

  • Árbore da familia das rosáceas, de follas escuras, ovado-lanceoladas e lisas, flores brancas, que produce a guinda, froito redondo de sabor agridoce.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estada feita con táboas e cabos que se emprega para pintar, rascar ou facer outras operacións na cheminea e costado do barco.

      2. Asento formado cunha táboa e catro ventos, unidos estes nun grillón, que se afirma a unha driza como estada voante.

    1. Salvavidas especial colgado na parte exterior do barco, provisto dun recipiente que contén fosfuro de calcio, o que permite localizar o lugar onde se localiza ao guindalo ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda inglesa introducida por Carlos II de Inglaterra en 1663, cun valor de 20 xilíns, que en 1816 foi substituída polo soberano ou libra esterlina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guiné-Bissau, Guinea e Guinea Ecuatorial, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guiné-Bissau, Guinea e Guinea Ecuatorial.

    3. Pobo africano que se estendeu polo golfo de Guinea e Camerún cuxos principais grupos son os kissi, os assimi, os axanti e os yoruba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos blénidos, coa aleta dorsal con raios espiñentos e tentáculos sobre os ollos e as fendeduras nasais. A súa pel parece cuberta dun líquido escorregadizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Seguir a alguén que foxe para alcanzalo ou collelo.

      2. Seguir a alguén por todas partes molestándoo e acosándoo.

    1. Traballar asiduamente para conseguir algunha cousa.

    2. Proceder xudicialmente contra algunha persoa para facela comparecer ante os tribunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave mariña caradriforme, incapaz de voar, da familia dos álcidos, que se extinguiu en 1844. OBS: Tamén se denominaba alca real.

      1. Ave mariña esfeniscída, dos xéneros

      2. Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, que ten o corpo de gran tamaño, a cabeza e as costas de cor negra azulada, o peito e o ventre brancos, e a gorxa e os costados do pescozo amarelos.

      3. Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, que ten a cabeza e as costas de cor negra, o peito e o ventre brancos, e o pescozo con manchas amarelas.

    2. Ave mariña, da familia dos esfeniscídos, co corpo de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Continuar o que se empezara a facer ou a dicir.

    2. Seguir ou continuar con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO